Elephant é un filme estadounidense dirixido, escrito e editado por Gus Van Sant que se estreou no 2003. A historia ten lugar no instituto ficticio de Watt, en Portland, Oregón, e relata os eventos ocorridos durante un tiroteo no centro. Baséase en parte no masacre de Columbine de 1999. O filme comeza pouco tempo antes de que ocorra o tiroteo, e segue as vidas de varias personaxes dentro e fóra do instituto, que descoñecen totalmente o que está a piques de ocorrer. Está protagonizado por actor novos ou non profesionais, como John Robinson, Alex Frost ou Eric Deulen.

Elephant é o segundo filme da triloxía cinematográfica de Van Sant "Death Trilogy", sendo a primeira Gerry (2002) e a terceira Last Days (2005), estando os tres baseados en feitos reais.

Elephant foi aclamada pola crítica e recibiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2003, no cal Patrice Chéreau foi o presidente do xurado. Por ser o primeiro filme en representar un tiroteo nun instituto dende Columbine, foi moi controvertido polo seu tema e pola posible influencia que podería ter en adolescentes imitadores do caso.

Sinopse Recreación dunha matanza perpetrada por dous alumnos nun instituto. É un día calquera de outono e tódolos estudantes fan a súa vida rutineira: Eli, camiño de clase, convence a unha parella de rockeiros para tirarlles unhas fotos. Nathan remata o seu adestramento de fútbol e queda coa súa moza Carrie para comer. John deixa as chaves do coche do seu pai na conserxería do instituto para que as recolla o seu irmán. Pero ese día non será como os demais.

Personaxes Alex Frost como Alex Eric Deulen como Eric John Robinson como John McFarland Timothy Bottoms como Sr. McFarland Matt Malloy como Mr. Luce Elias McConnell como Elias Nathan Tyson como Nathan Carrie Finklea como Carrie Kristen Hicks como Michelle Brittany Mountain como Brittany Jordan Taylor como Jordan Nicole George como Nicole Bennie Dixon como Benny Alicia Miles como Acadia

Galardóns e nomeamentos 2003: Cannes: Palma de Ouro: Mellor filme e mellor director. 2003: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor fotografía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gus Van Sant Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre violencia escolar Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes sobre asasinatos en masa Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro