Antonio Camino Sigüer, nado na Coruña en 1818 e finado en Madrid, foi un poeta galego.

Traxectoria Irmán de Alberto e Domingo Camino. Fixo estudos de filosofía e medicina. Foi contable no ministerio de Gobernación e empregado de Telégrafos. Participou nas actividades culturais do provincialismo con pezas teatrais como Matilde de Castro, colaboracións na prensa e lecturas poéticas en castelán e, posteriormente, cunha produción en galego. Consérvanse os poemas publicados en 1861 “A noite de San Xoán”, “As malas novas”, “O enterro” e “Nos días de S.A.R. o príncipe don Alfonso”, publicado en 1862.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en ano descoñecido