A goiabeiraGran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. (Psidium guajava L.) é unha pequena árbore froiteira tropical, nativa de toda a América, agás o CanadáTropicos.org. Missouri Botanical Garden. 13 Sep 2009. O froito é coñecido como goiaba ou guaiaba.VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
No Brasil é coñecida polo nome de araçá.
Presenta tres variedades: Psidium guajava var. cujavillum (Burman) Krug & Urb. 1894 Psidium guajava var. guajava Psidium guajava var. minor Mattos 1976
Distribución e hábitat É un arbusto ou arboriña natural da América tropical. Moi cultivada para a produción de froitos, en pomares domésticos ou comerciais, medra espontaneamente en todo o Brasil. Hoxe atópase brava noutras zonas tropicais do planeta, coma en África do Sur. É considerada planta invasora nos EUA.
Descrición Pequena árbore semidecidua de até 6 m de altura.
thumb|left|120 px|Tronco Tronco tortuoso, pólas novas cuadrangulares e pubescentes. A madeira é dura, a casca, lisa, con taninos e de cor cinsenta, escama con frecuencia e presenta manchas.
Follas ovais, opostas, sinxelas, cartáceas, de até 12 cm de longo e cor verde clara. thumb|left|120 px|Flor Flores pequenas, brancas, solitarias ou en pequenos acios, formadas na primaveraLorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X.
Os froitos son bagas verdes ou amarelas de pela rugosa, con polpa suculenta doce acidulada aromática, branca, rósea, avermellada ou arroxada, con moitos "carozos" (sementes). Madurecen no verán. thumb|left|120 px|Goiaba Os catro sépalos da flor persisten na extremidade da goiaba.
Na natureza, a goiaba é case sempre atacada polo bicho da goiaba, larva da mosca do xénero Anastrepha.
Usos As goiabas consómense principalmente frescas ou en forma de doces (goiabada), compotas, xeleas, zumes e sorbetes. Úsanse moito na industria.
Son ricas en vitamina C, con de 180 a 300 miligramos de vitamina por 100 gramos de froita (mais cá laranxa ou o limón). Ten cantidades razoábeis de vitaminas A e do complexo B, alén de sales minerais, como calcio, fósforo e ferro.
Uso medicinal En etnofarmacoloxía a raíz é usada para diarreas na infancia. A infusión, en gargarexos ou gargarismos, é usado para inflamacións da boca e da gorxa ou en lavaduras de úlceras e na leucorreaMatos, F.J.A. 2002. Farmácias Vivas - sistema de utilização de plantas medicinais projetado para pequenas comunidades, 4a. edição. Edições UFC, Fortaleza. (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)Carriconde, C. 2000. Introdução ao uso de fitoterápicos nas patologias de APS. CNMP, Olinda (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6).
As follas teñen un aceite volátil rico en sesquiterpenos, entre eles o bisaboleno, alén do dietoximetano e dietoxetano que dan o aroma dos froitos. O principal compoñente do aceite das sementes é o ácido linoleicoCraveiro, A.A., G.F. Fernandes, C.H.S. Andrade et al., 1981. Óleos essenciais de plantas do Nordeste. Edições UFC, Fortaleza (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)Robineau, L.G. (ed.) 1995. Hacia una farmacopea caribeña/TRAMIL. Enda-Caribe UAG & Universidad de Antioquia. Santo Domingo (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6).
O extracto acuoso do "ollo" (gromo) da goiabeira ten unha intensa actividade contra Salmonela, a Serratia e Staphylococcus, grandes responsábeis das diarreas de orixe microbiana. A actividade é máis forte na variedade de polpa vermella, e máis fraca nas follas adultas e na casca. A polpa é usada para tratar parasitos intestinais coma Giardia lamblia e lombrigas (Enterobius vermicularis).
Sinonimia Myrtus guajava (L.) Kunze 1898 Psidium cujavus L. 1754 Psidium pomiferum L. 1762 Psidium pyriferum L. 1762 Psidium cujavillus Burm.f. 1768 Psidium angustifolium Lam. 1789 Psidium pumilum Vahl 1791 Psidium vulgare Rich. 1792 Psidium sapidissimum Jacq. 1798 Psidium pumilum var. guadalupense DC. 1828 Psidium aromaticum Blanco 1837, nom. illeg. Psidium pyriferum var. glabrum Benth. 1840 Psidium fragrans Macfad. 1850 Psidium intermedium Zipp. ex Blume 1850 Psidium prostratum O.Berg 1856 Guajava pumila (Vahl) Kuntze 1891 Guajava pyrifera (L.) Kuntze 1891 Syzygium ellipticum K.Schum. & Lauterb. 1900 Psidium igatemyense Barb.Rodr. 1903.Sinónimos en Kew
Notas
Véxase tamén Psidium Arazá
Categoría:Froiteiras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Psidium