Gonzalo de Amarante, nado en Tagilde (Vizela) en 1187 e finado o 10 de xaneiro de 1259, foi un relixioso portugués da Orde dos Predicadores. É recoñecido como beato pola Igrexa Católica, e a súa festividade celébrase o 10 de xaneiro. Traxectoria
Sábese moi pouco da vida deste popular beato. Pertenceu a unha extensa familia nobre, desde pequeno, practicamente desde o bautismo, sentiuse atraído pola relixión, dándose conta o arcebispo de Braga, quen o tomou como aprendiz e preparouno para o sacerdocio. Aceptárono os frades dominicos, sendo reitor da orde do bispo en San Pelagio. Foi de peregrino aos catorce anos a Palestina e Roma, e ao seu retorno, por múltiples cambios e problemas co seu sobriño retirouse en Amarante a vivir de xeito solitario, dedicándose á evanxelización. Aos poucos, unha grave enfermidade foi deteriorando a súa saúde, ata falecer o 10 de xaneiro de 1259.
En 1560 o papa Pío IV beatificouno. A súa canonización nunca se concretou pero de igual forma é chamado comunmente santo, celebrándose a súa festa o 10 de xaneiro, día do seu falecemento.
É invocado como casamenteiro das vellas e nos casos de infertilidade.
En honor deste beato portugués, unha coñecida canle brasileira que cruza a cidade de Pelotas (Río Grande do Sur), foi chamada Canle São Gonçalo.
Notas
Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Nados no distrito de Braga Categoría:Nados en 1187 Categoría:Finados en 1259 Categoría:Dominicanos Categoría:Relixiosos católicos de Portugal