Samuel Eto'o Fils, nado o 10 de marzo de 1981 en Douala, é un ex-futbolista camerunés. Xogaba de dianteiro e é coñecido por xogar no FC Barcelona e no UC Sampdoria. Ten tamén pasaporte español, permitíndolle xogar na Unión Europea sen contar coma xogador estranxeiro.
Eto'o marcou máis de 100 goles en cinco tempadas co FC Barcelona, e é ademais o xogador africano con maior número de partidos xogados na Primeira división española de fútbol. No ano 2010, converteuse no primeiro xogador en conseguir dous tripletes consecutivos en Europa, co Barcelona e co Inter de Milán. É o segundo xogador en anotar en dúas finais da Liga de Campións da UEFA, e o cuarto xogador, tras Marcel Desailly, Paulo Sousa e Gerard Piqué, en gañar dúas Ligas de Campións consecutivas con diferentes equipos. Conseguiu o premio ó mellor xogador africano do ano en catro ocasións: 2003, 2004, 2005 e 2010.
Coma membro da selección do Camerún, foi parte do equipo que gañou o torneo olímpico de Sidney 2000. Participou ademais en tres mundiais de fútbol e en seis copas de África, sendo campión dúas veces. É ademais o máximo anotador da historia da Copa de África, con 18 goles.
En setembro de 2019 anunciou a súa retirada do fútbol profesional após xogar 586 partidos en clubs e marcar máis de 400 goles entre selección e clubs.
Palmarés Club Mallorca Copa do Rei (1): 2003
Barcelona Primeira División Española (3): 2004/05, 2005/06, 2008/09 Copa do Rei (1): 2009 Supercopa de España (2): 2005, 2006 Liga de Campións da UEFA (2): 2005/06, 2008/09
Internazionale Serie A (1): 2009–10 Coppa Italia (2): 2010, 2011 Supercoppa Italiana (1): 2010 Liga de Campións da UEFA (1): 2009/10 Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2010
Internacional Camerún Copa de África de Nacións (2): 2000, 2002 LG Cup (1): 2011 Equipo Olímpico do Camerún Medalla de Ouro Olímpica (1): 2000
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Samuel Eto'o Perfil na web do Anzhi Makhachkala Perfil en ESPN
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Douala Categoría:Futbolistas do Camerún Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do FC Anzhi Makhachkala Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Everton FC Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Camerún Categoría:Xogadores do Antalyaspor Kulübü Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Camerún Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi