A necrópole de Adro Vello é un sitio arqueolóxico localizado na costa norte da península do Grove, a carón da praia do Carreiro, que acolle restos dunha vila romana, con elementos que evidencian a práctica da salga de peixe, dunha igrexa de orixe visigótica e dunha necrópole de inhumación que se prolongaron entre os séculos VI e XVIII. Toda a construción está bordeada cara ó mar por unha serie de muros superpostos que intentaron protexer as construcións dos embates do mar.

O nome da necrópole, Adro Vello, fai alusión á devandita igrexa. Xa no século XVIII tivo que ser trasladada cara ó interior, ó lugar no que hoxe se levanta a actual igrexa de San Vicente do Grove, traslado que explica que a necrópole quedase abandonada nese tempo para ser cuberta pola area e desaparecer da memoria popular, ata o seu descubrimento na segunda metade do século XX.

Xeografía Como xa se dixo, o xacemento está situado na costa norte da península do Grove, fronte á praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente do Grove. Está levantado sobre unha plataforma litoral estreita que se abre, ó norte, á praia, e limita ó sur por un destacado outeiro rochoso, ó oeste pola Punta do Castriño e ó leste pola Punta Barcela e illas Barceliñas; inmediatamente ó leste do xacemento baixa un pequeno rego -hoxe estacional- que desemboca na mesma praia e que formaba un esteiro onde os habitantes do asentamento podían atracar e onde, probablemente, houbo salinas (imprescindibles para a actividade produtiva de salgado de peixe)"Este rego nace na chamada Fonte do Santo, fonte de sona milagreira situada a metade de camiño entre o xacemento e a actual igrexa de San Vicente. A construción da estrada, nos anos cincuenta do século XX, cortou a entrada e saída do mar e provocou a colmatación das estruturas. Todo este espazo está comprendido na área non explorada" (Ochoa Gondar 2021, pp. 39-47).. A fronte costeira está protexida por unha serie de rochas que asoman sobre a superficie do mar e que proporcionan certa protección ante a ondada. En conxunto, constitúe unha localización prototípica doutros asentamentos romanos costeiros: costa baixa, unha pequena enseada protexida por puntas mariñas e un curso fluvial inmediato que proporciona auga doce.

A zona utilizada como vila romana e posterior necrópole conforma unha elevación areosa duns 170 m de lonxitude e 19-20 m de anchura.

Historia Os restos máis antigos de ocupación humana deste lugar corresponden a un molde de arxila para fundir machados de bronceCitado por Luís Monteagudo e José Caamaño Bournacell: "...materiais arqueolóxicos que, na súa maioría, se custodian no admirable museo pontevedrés: ... c) Idade de Bronce: un molde para fundir machados de bronce, atopado ou sinalado por L. Monteagudo" (Caamaño 1964, p. 22), que indican que o contorno xa fora habitado na Idade de Bronce. miniatura|160px|Indicador no lugar onde se atopou un molde para fundir machados de bronce As primeiras edificacións pódense datar nos séculos III e IV d.C. A igrexa dátase no século VII. E a necrópole foi utilizada reiteradamente desde o século V-VII ata o XVIII. Tamén forma parte do complexo unha torre medieval, posterior ó século XII, e algunhas estruturas defensivas.

Foi a partir da construción dunha estrada de acceso a unha urbanización proxectada ó oeste do lugar (e que nunca chegou a levantarse) cando se detectou a presenza de muros e ósos humanos, descubrimento que motivou as primeiras escavacións. O caso foi que a estrada atravesa o xacemento e baixo ela, así como baixo unha vivenda levantada ó outro lado da estrada, quedou soterrada unha superficie que se estima na metade da área ocupada polas construcións.

As escavacións comezaron nos anos 70 do pasado século, se ben con longas interrupcións ata finais dos anos 80. Segundo explicaba ó profesor Carro Otero, as primeiras prospeccións se realizaron cando, en 1968, os temporais puxeron ó descuberto tellas e ósos humanos na praia do Carreiro. Foron estes achados ocasionais os que espertaron o interese dos expertos.

En 1971 realizáronse as primeiras prospeccións (xa veremos como xa na segunda campaña, en 1972, se descubriu a ara dedicada ó deus Deverius). Cara 1990 retomáronse as escavacións, que se sucedieron regularmente ata ben entrados os anos noventa, cando volveron suspenderse. Xa durante o século XXI se realizaron novas prospeccións, pero sen continuidade e dirixidas a investigar aspectos concretos, como a delimitación exacta do xacemento (en 2002) ou a composición dos restos de peixes conservados no fondo das cubas de salgado (en 2017, cando un equipo da Universidade de Vigo realizou investigacións no lugar para estudar a orixe da industria pesqueira galega e, en concreto, os establecementos de salgado romanos en Galicia).

Aínda que nos primeiros momentos participaron na escavación personaxes do nivel de Fermín Bouza-Brey ou o profesor José Manuel Vázquez Varela, o groso da investigación correspondeu ó antropólogo Xosé Carro Otero (1942-2021).

Estrutura miniatura|300px|Detalle dos restos recuperados.

Adro Vello foi modificado e ampliado ó longo dos séculos nos que foi habitado ininterrompidamente, desde a actividade pesqueira en época romana ata a súa función relixiosa e funeraria desde a época tardo-antiga ata ben entrado o século XVIII. Segundo as escavacións realizadas ata hoxe pode afirmarse que está constituído por cinco áreas:

Unha vila romana (séculos III a V) Unha fábrica de salga (séculos I a III) A necrópole (séculos V-VII a XVIII) Unha igrexa (séculos VII e XII) Unha estrutura que puido ser unha torre defensiva ou un campanario

A vila romana Unha vila romana, villa a mareDenominación dunha tipoloxía particular das villae costeiras que non só están construídas na propia liña de costa, senón que a súa arquitectura e actividade están directamente relacionadas co mar e cunha produtividade mariña intensiva. como as que houbo en numerosos puntos da costa galegaVillae costeiras dedicadas á explotación de recursos mariños: pesca, salga, salinas, etc., datada entre os séculos III e V, e documentada pola presenza de muros, canalizacións de pedra, cuncheirosDescuberto en 2002., pavimentos e mesmo restos de estuco pintado. Os muros perimetrais están formados por grandes perpiaños almofadados, típicos da arquitectura romana.

Ó longo das sucesivas campañas recuperáronse numerosos restos de cerámica de tipo castrexo e romana e unha doa de ámbar, o que indica a existencia dun comercio exterior.

As estruturas romanas foron devastadas por un incendio a mediados do século IV, e o espazo pasou a utilizarse como cemiterio.

A fábrica de salga miniatura|250px|esquerda|Detalle das cubas de salgado de peixe A fábrica de salgadura de peixe puido estar activa xa entre os séculos I e III. A primeira pía para o salgado de peixe foi descuberta na campaña de 1988, e nela aínda se conservaba unha capa no fondo duns 20 cm de espesor de escamas e espiñas de peixeO estudo destes restos permitiu analizar as especies capturadas neste tempo e utilizadas para elaborar salgado ou salsas.. Posteriormente descubríronse tres pías máis, o que supón un volume de produción moi superior ás necesidades de autoconsumo, dato que acredita a existencia dunha produción industrializada e un comercio do que se descoñece a amplitude. Foron as primeiras estruturas deste tipo atopadas en Galicia.

As pías, cuadrangulares e cunhas paredes duns 30 cm de grosor, estaban coidadosamente revocadas cunha mestura de cal e grava, maiormente de cuarzo. Deste xeito asegurábase a impermeabilización das paredes e o lavado e limpeza do depósito, algo ó que contribuía o feito de ter as esquinas redondeadas.

A pouco máis de 300 metros ó leste do xacemento atópase a praia do Barreiriño. Cabe a posibilidade de que o nome indique un lugar de extracción de arxila para a fabricación das ánforas necesarias para o transporte de peixe salgado ou salsa.

A necrópole miniatura|250px|Detalle dun dos sartegos recuperados durante as escavacións A necrópole, quizais o elemento máis característico de Adro Vello, estivo en funcionamento desde os séculos V-VII ata o século XVIII. Resulta imposible calcular o número de persoas inhumadas alí, pero xa se levan recuperados máis de 3000 esqueletos e ben pode chegar ós 4000 enterramentos. Os enterramentos dispóñense en ata dez capas de diferente cronoloxía e son de características e rangos moi diferentes, desde tumbas moi simples -a maioría-, directamente nun burato escavado na terra, ata sarcófagos labrados en bloques monolíticos de pedra, pasando por tumbas rodeadas por pedras en paréntese verticais, ou ladrillos ou tégulas, ou cubertas por lápidas, unha delas con inscricións gremiais referidas posiblemente a un canteiro.

Non resulta infrecuente que as sepulturas estean reaproveitadas para sucesivos enterramentos, e hai constancia de casos nos que unha mesma tumba acolle ata tres corpos. Tamén se observan acumulacións de ósos procedentes de amoreamentos de restos cando se debía liberar un espazo para un novo cadáver.

A igrexa A igrexa considérase obra visigótica, do século VII. Está documentada historicamente desde finais do século IX, concretamente desde o 899, cando o rei Afonso III (848-910) confirma unha doazón previa, ratificada pouco despois por Ordoño II (871-924):

Da igrexa, que probablemente non sexa a orixinal senón unha reconstrución do século XII, só se conservan os alicerces, en fileiras de perpiaños que delimitan a nave, coa cabeceira orientada ó leste, a porta rebaixada ó oeste, e un anexo no lado sur. Na ábsida, rectangular, atopouse unha zona con pavimento de morteiro, primeiro, e outra con pavimento de ladrillos, despois. No século XVIII houbo de ser trasladada por cousa dos sucesivos ataques piratas e das condicións inherentes á súa situación tan inmediata ó mar do norte. A nova igrexa, situada máis no interior da península do Grove e a maior altura, foi construída a uns 500 m ó sueste, aproveitando as pedras da vella igrexa.

Tal como quedou recollido no Libro de Fábrica de San Vicente (iniciado en 1688 polo párroco Pedro Mareque), a obra da nova igrexa contratouse en 1770 cos canteiros Serrapio, veciños de Santiago de Loureiro (Cerdedo Cotobade). O 3 de febreiro de 1771 trazáronse os cimentos e o 1º de maio do mesmo ano bendecíase a capela maior e celebrábase a primeira misa, se ben as obras non remataron ata o 20 de outubro.

miniatura|250 px|esquerda|Ara ó suposto deus Deverius Durante as escavacións, descubriuse en 1972 nunha das paredes da igrexa unha ara romana, incompleta. A peza formaba parte, como material construtivo reutilizado, do muro norte da igrexa e mostra sinais evidentes de haber sido recortada para adaptala ó muro. Nunca se atoparon os fragmentos que completarían a peza e o profesor Carro supón que probablemente falten dúas ou mesmo tres liñas de texto.

A ara -a parte recuperada- mide 49 cm de alto, uns 25 cm de ancho e 21 cm de espesor máximo. Na cabeza distínguense tres vans rematados en arco de medio punto, que se relacionan coas Portas do Hades, o inframundo grego, e que tamén se observan noutras aras romanas atopadas en Galicia. No campo epigráfico pode lerse unha inscrición que di: DEO D / EVER, e que se interpreta como unha invocación a Devero, Deveros ou Deverius, unha suposta divindade indíxena mariña, quizais relacionada con Neptuno.

A torre defensiva Unha torre defensiva altomedieval, posterior ó século XII, protexida por unha cerca da mesma época. Este conxunto defensivo tería unha función similar á doutras torres na costa galega na defensa contra os ataques normandos e piratas na Alta e na Baixa Idade Media.