Taivassalo (en sueco Tövsala) é un concello da rexión de Finlandia Propia, Finlandia. A súa poboación era de 1 654 habitantes en 2017.
A lingua predominante no concello é o finés, cun 94,92 % de falantes, mentres que o sueco é falado polo 0,72 % e o 4,35 % é falante doutras linguas.
Historia A fundación da localidade é en gran parte mítica. En 1155, o bispo Henrique de Uppsala chegou á rexión á cabeza da primeira cruzada sueca, evanxelizando varios pobos, entre eles a actual Taivassalo. No 2005 a localidade celebrou o seu 850 aniversario a pesar da falta de evidencia histórica.
Algúns anos despois construíuse unha igrexa de madeira, mentres que a igrexa de pedra foi construída por etapas entre finais do século XIII e o século XV. Taivassalo converteuse entón nunha comunidade pacífica adicada á pesca e ao comercio no Báltico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Municipios de Finlandia Propia