As personaxes da serie de televisión estadounidense Lost foron creadas por Damon Lindelof e J. J. Abrams. A serie segue as vidas dos superviventes dun accidente aéreo nunha misteriosa illa tropical deserta, despois de que o avión comercial se estrelara nalgún lugar do Pacífico. Cada episodio céntrase tipicamente nunha historia principal (na illa) e secundaria (noutro tempo e lugar) dun personaxe en concreto.

Das 324 persoas a bordo do voo 815 de Oceanic Airlines,Goddard, Drew (guionista) & Vaughan, Brian K. (guionista) & Williams, Stephen (director), "Confirmed Dead". Lost, ABC. Episodio 2, tempada 4. Aired on February 7, 2008. hai 71 superviventes iniciais (70 humanos e un can). Na tempada inicial había 14 personaxes principais, convertendo a Lost na serie americana de prime time con maior elenco de actores.

Personaxes principais As personaxes aparecen alfabeticamente. "Protagonista na tempada(s)" refírese á tempada na que un actor ou actriz recibía retribución de protagonista estrela por interpretar a súa personaxe. "Recorrente na tempada(s)" identifica a tempada na que un actor ou actriz recibía retribución de actor convidado ou especial.