Domingo Alberto Tarasconi, nado o 20 de decembro de 1903 e finado o 3 de xullo de 1991 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria Comezou a xogar en Atlanta co que debutou en 1921. Ao ano seguinte fichou por Boca Juniors co que disputou 236 encontros e anotou 193 goles en dez anos. No club xeneize gañou catro campionatos de afeccionados (1923, 1924, 1926 e 1930), un campionato profesional (1931), 5 Copas da Arxentina e 1 Campionato de Honra (1925). Foi o máximo anotador da liga arxentina nos campionatos de 1922 (11 goles), 1923 (40 goles), 1924 (16 goles) e 1927 (32 goles).

Participou na xira que Boca realizou por Europa en 1925 e na que anotou seis tantos.

Deixou Boca no ano 1932, xogando posteriormente en Newell's Old Boys, Club General San Martín e Argentinos Juniors.

No ano 1934, xogando no Club General San Martín na liga de afeccionados, volveu ser o máximo goleador do campionato con 16 goles.

Tarasconi é o cuarto máximo goleador de Boca Juniors con 193 goles, por detrás de Martín Palermo (222), Roberto Cherro (220) e Francisco Varallo (194).

Coa selección de fútbol Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina en 1922, coa que se declarou medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 dos que tamén foi o máximo goleador con 11 goles en catro encontros. Tamén foi Campión da Copa América en tres ocasións, 1925, 1927 e 1929.

As súas cifras anotadoras nos Xogos Olímpicos de 1928, unha media de 2,75 goles por encontro, constitúen o récord en competición oficial internacional.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas do xogador

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Atlanta Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Club General San Martín Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América