En inmunoloxía, o CD16 (cluster de diferenciación 16), tamén chamado FcγRIII, é un antíxeno proteico da superficie de certas células do sistema inmunitario dos mamíferos. Exprésase especificamente en neutrófilos, células NK, monocitos e macrófagos. Ten un peso molecular de 50-80 kDa e polas súas características bioquímicas encádrase dentro da familia das inmunoglobulinas. A súa función na célula é funcionar como compoñente do receptor de baixa afinidade para a rexión Fc dos anticorpos e mediar na fagocitose e citotoxicidade debida a células dependentes de anticorpos IgG. O CD16 foi identificado como o FcγRIIIa (CD16a) e FcγRIIIb (CD16b). O CD16 pode utilizarse para illar poboacións das células que o conteñen por medio de anticorpos dirixidos contra o CD16, utilizando FACS (selección de células activadas por fluorescencia) ou MACS (selección de células activadas por magnetismo).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas CD16+Antigens no MeSH
Categoría:Antíxenos CD Categoría:Inmunoloxía