Rienzi, der Letzte der Tribunen (en galego Rienzi, o último dos tribunos) é unha ópera en 5 actos con música de Richard Wagner e libreto en alemán do propio compositor, baseado na novela homónima de Edward Bulwer-Lytton. A ópera foi composta entre xullo de 1838 e novembro de 1840, aínda que a súa estrea non se levou a cabo ata o 20 de outubro de 1842, cando se representou na Hofoper de Dresden baixo a batuta de Carl Gottlieb Reissiger.

Personaxes {| class="wikitable" !Personaxe !Tesitura !Elenco na estrea, 20 de outubro de 1842(Director: Carl Gottlieb Reissiger) |- |Cola Rienzi, tribuno romano |tenor |Josef Aloys Tichatschek |- |Irene, súa irmá |soprano |Henriette Wüst |- |Stefano Colonna, un noble |baixo |Georg Wilhelm Dettmer |- |Adriano, seu fillo |soprano |Wilhelmine Schröder-Devrient |- |Paolo Orsini, outro patricio |baixo |Johann Michael Wächter |- |Raimondo, legado papal |baixo |Gioacchino Vestri |- |Baroncelli, cidadán de Roma |tenor |Friedrich Traugott Reinhold |- |Cecco del Vecchio, cidadán de Roma |baixo |Karl Risse |- |Ein Friedensbote, un mensaxeiro de paz |soprano |Anna Thiele |- | colspan="3" |Ambassadors, Nobles, Priests, Monks, Soldiers, Messengers, Populace|-

Gravacións As gravacións da ópera completa, así como as súas representacións son raras, aínda que a abertura pode atoparse con facilidade en programas de radio e CDs recompilatorios. Nas gravacións da obra son comúns os cortes significativos. Rienzi'' foi rexistrada en DVD no 2010 nunha produción dirixida por Philipp Stölzl, e interpretada pola Deutsch Oper Berlin, con Torsten Kerl no papel principal.

Algunhas gravacións destacadas son: Josef Krips dirixindo a Wiener Symphoniker. Set Svanholm, Walter Berry, Christa Ludwig, Alois Pernerstorfer, Paul Schöffler (1960, Melodram). Heinrich Hollreiser dirixindo a Dresden Staatskapelle. René Kollo, Siv Wennberg, Janis Martin, Theo Adam. (1975, EMI). (Gravación completa da versión recortada por Wagner en 1843) Edward Downes dirixindo a BBC Northern Symphony Orchestra. John Mitchinson, Lorna Haywood, Michael Langdon, Raimund Herincx. (1976, Ponto POCD1040) (Gravación completa e sen cortes da versión "orixinal" de Wagner de 1842) Wolfgang Sawallisch dirixindo a Bayerische Staatsoper. René Kollo, Jan-Hendrik Rootering, Cheryl Studer, John Janssen. (1983, Orfeo d'Oro)

Entre as gravacións da abertura destacan: James Levine dirixindo a Orquestra da Metropolitan Opera. Arturo Toscanini dirixindo a NBC Symphony Orchestra. George Szell dirixindo a Cleveland Orchestra. Lorin Maazel dirixindo a Philharmonia Orchestra. Leopold Stokowski dirixindo a Royal Philharmonic Orchestra. Zubin Mehta dirixindo a New York Philharmonic Orchestra. Daniel Barenboim dirixindo a Chicago Symphony Orchestra. Karl Böhm dirixindo a Wiener Philharmonike.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Notas, discografía e libreto (Alemán - Castelán) en www.kareol.es Partituras de Rienzi en IMSLP

Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas estreadas en Dresde Categoría:Óperas de 1842