O Aeroporto Internacional de Tampa (en ) é un aeroporto internacional público localizado a 11 km ao oeste do distrito financeiro de Tampa, no Condado de Hillsborough, Florida, nos Estados Unidos. Este aeroporto é propiedade da Autoridade Aérea do Condado de Hillsborough.FAA Airport Master Record for TPA consultado o 7-5-2009. Salienta pola súa arquitectura e polo seu deseño Landside/Airside da terminal central conectada por transportes hectométricos a catro estacións satélite e portas, sendo un concepto pioneiro cando se deseñou a finais da década de 1960. O aeroporto tiña o nome de Aeroporto Municipal Drew Field (en ) até o ano 1952.
O aeroporto é empregado por máis dunha vintena de grandes aeroliñas, catro aeroliñas rexionais, e tres transportistas aéreos. Tres das aeroliñas rexionais operan baixo a bandeira das principais compañías aéreas, mentres que a cuarta, Silver Airways, é independente é emprega o aeroporto como centro de operacións. Southwest Airlines opera nunha cidade focal en TPA e transporta a maior proporción de pasaxeiros do aeroporto, operando até 121 voos ó día.
O aeroporto ten 93 destinos ó longo de América do Norte, América Central, o Caribe e Europa. É un dos dous únicos aeroportos dos Estados Unidos que ten voos regulares á catro cidades de Cuba: Camagüey, A Habana, Holguín e Santa Clara. O aeroporto tivo 19 624 284 pasaxeiro en 2017, sendo o aeroporto número 29 con máis movemento de pasaxeiros de América do Norte.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tampa International Airport:web oficial
Tampa International Airport