A ostra brava, ostra de can ou tarxa (Anomia ephippium, Linnaeus 1767) é un molusco bivalvo da familia Anomiidae, da orde Ostreida, de valvas desiguais, cuncha fráxil e forma circular.
Morfoloxía miniatura|Ostra brava ou ostra de can A cuncha é fina, fráxil, rugosa e escamenta, adoito cuberta de tubos de poliquetos apegados ou algas calcarias. A superficie e contorno son irregulares. As dúas valvas son desiguais: superior maior e máis plana que a inferior, na que hai unha abertura, tamén irregular, que serve para que saia o biso que o suxeita ó substrato. A superficie interior é sempre anacarada.
Adoita medir entre 2 e 4 cm, pero pode chegar a 6 cm de diámetro.
Hábitat e distribución A ostra de can vive apegada ás rochas e a outras cunchas pousadas no fondo (as irregularidades da cuncha responden ás da pedra sobre a que se fixan). Distribúese entre a franxa medioliteral ata profundidades de 40 metros, no Atlántico e Mediterráneo.
Aproveitamento pesqueiro e comercial A vianda pode consumirse, lembrando á de ostra pero de peor calidade e no apreciada. De capturarse, faise con rasquetas ou coitelos para levantalas das pedras.
A semellanza coa ostra pode explicar que un dos seus nomes populares sexa o de morruncho, nome que tamén se dá ás ostras de pequeno tamaño.
Véxase tamén Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. Ligazóns externas World Register of Marine Species
Categoría:Ostreidos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758