O CD20 (cluster de diferenciación 20) ou antíxeno CD20 do linfocito B é unha fosfoproteína glicosilada expresada na superficie das células B que empeza a aparecer na fase pro-B (CD45R+, CD117+) da diferenciación desta célula e que incrementa progresivamente a súa concentración ata a madurez celular.
Nos humanos o CD20 está codificado no xene MS4A1 do cromosoma 11.
Este xene codifica unha proteína que é membro da familia das proteínas con pregamentos que cruzan a membrana 4 veces. Os xenes membros desta familia proteica caracterízanse por ter características estruturais comúns e zonas de empalme intrón/exón similares e mostran patróns de expresión únicos entre as células hematopoéticas e tecidos non linfoides. A molécula da superficie das células B codificada por este xene e xoga un papel no desenvolvemento e diferenciación de células B en células plasmáticas, e o seu xene está localizado na rexión 11q12, entre un grupo ou cluster doutros membros da familia. O splicing alternativo deste xene orixina dúas variantes de transcrición que codifican a mesma proteína.
Función
Non se coñece ningún ligando natural da proteína e a súa función é facer posible a resposta inmunitaria da célula B, especificamente contra antíxenos independentes de células T. Sospéitase que actúa como un canle de calcio da membrana plasmática.
Expresión
O CD20 exprésase en todos as fases de desenvolvemento das células B agás na primeira e na última; está presente desde as células pro-B finais ata as células de memoria, pero non nas células pro-B iniciais ou plasmablastos e as células plasmáticas (estadio final da diferenciación). Encóntrase nos linfomas de células B, tricoleucemia, leucemia linfocítica crónica de células B, e células nai cancerosas de melanoma.
Pode utilizarse a inmunohistoquímica para determinar a presenza de CD20 nas células de preparacións histolóxicas. Como o CD20 segue presente nas células da maioría dos neoplasmas de células B, e está ausente noutros neoplasmas de aspecto similar de células T, pode ser moi útil para diagnosticar condicións como os linfomas de células B e leucemias. Porén, a presenza ou ausencia de CD20 en ditos tumores non é relevante para o prognóstico, xa que a progresión da doenza é a mesma tanto se está presente o CD20 coma se non. As células CD20 positivas tamén se encontran ás veces en casos de enfermidade de Hodgkins, mieloma, e timoma.
O anticorpo FMC7 parece recoñecer unha variante conformacional do CD20 tamén chamada antíxeno FMC7.
Importancia clínica
O CD20 é o obxectivo dos anticorpos monoclonais (mAb) rituximab, Ibritumomab tiuxetan, e tositumomab, que son todos eles axentes activos no tratamento de todos os linfomas de células B e leucemias.
O anticorpo monoclonal anti-CD20 Ofatumumab (Genmab) foi aprobado pola FDA en 2009 para o tratamento da leucemia linfocítica crónica.
Ademais, entre os anticorpos anti-CD20 terapéuticos en desenvolvemento (en fase II ou III de ensaios clínicos en 2008) están: AME-133v, Ocrelizumab, TRU-015,http://www.news-medical.net/news/20100615/Trubion-announces-Pfizers-decision-to-discontinue-development-of-TRU-015-for-RA.aspx, IMMU-106 (veltuzumab).Note: information included in this article only found in table present in print version of article.
O CD20 das células B e a diabetes mellitus
Determinouse que existe un vínculo entre as células B do sistema inmunitario e a diabetes mellitus. En casos de obesidade, a presenza de tecidos graxos que rodean os principais órganos do corpo dá lugar a unha necrose celular e desensibilización á insulina ao longo do límites entre eles. Finalmente, o contido das células de graxa que doutro modo tería sido dixerido polos efectos da insulina, é, polo contrario, vertido á circulación sanguínea. Unha resposta á inflamación que mobiliza tanto a células T coma a B orixina a creación de anticorpos contra estas células, causando que se fagan menos sensibles á insulina por un mecanismo aínda descoñecido, e promove a hipertensión, hipertrigliceridemia, e arteriosclerose, que son indicativos de síndrome metabólica. Porén, a administración de anticorpos CD20 anti-células B a ratos obesos, non os fixo menos sensibles á insulina e como resultado non desenvolveron diabetes mellitus ou síndrome metabólica; o mecanismo proposto é que os anticorpos anti-CD20 fan que os anticorpos contra células T non sexan funcionais e, por tanto, carezan da capacidade de causar a desensibilización á insulina por medio dunha resposta inmune modulada por anticorpos de célula B. A protección proporcionada por anticorpos anti-CD-20 duraba aproximadamente 40 días, que é o tempo que tarda o corpo en volver a formar a súa poboación de células B, despois do cal era necesario repetir o proceso para recupera a protección. Por tanto, propúxose que a obesidade se reclasificase como unha enfermidade autoinmune en lugar de como unha enfermidade puramente metabólica e enfocar o seu tratamento á modulación do sistema inmunitario.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas MeshName - CD20+antigen representations da forma aquí e máis detalles aquí
Categoría:Antíxenos CD Categoría:Inmunoloxía