Washingtonia é un xénero con seis especies de plantas con flores pertencente á familia das palmeiras Arecaceae.
Distribución e hábitat Son orixinarias da zona suroeste dos Estados Unidos (no sur de California, o suroeste de Arizona) e o noroeste de México (no norte de Baixa California e Sonora). As especies de Washingtonia son cultivadas comunmente a través dos Estados Unidos, o Oriente Medio, e o sur de Europa, por exemplo en Croacia, onde hibridaron. En Galiza atopamos especies na xardinaxe costeira.
Descrición Trátase de palmeiras da tribo (Corypheae), coas follas cun pecíolo espido que remata nun abano arredoandado con numerosos folíolos. As flores atópamse nunha inflorescencia mesta, cos froitos de maduración dunha cor marrón escura coma unha drupa de 6–10 mm de diámetro cunha camada magra de carne doce e mais dunha soa semente.Riffle, Robert L. and Craft, Paul (2003) An Encyclopedia of Cultivated Palms. Portland: Timber Press. ISBN 0881925586 / ISBN 978-0881925586
Taxonomía O xénero foi descrito por Hermann Wendland e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879. Etimoloxía Washingtonia: nome xenérico que leva o apelido de George Washington.
Especies Washingtonia ambigua (A. Gray) J.M. Coult. & Rose Washingtonia brachypoda (Torr. ex Durand) A. Heller Washingtonia filifera (Linden ex André) H.Wendl. ex de Bary - Palmeira de California Washingtonia nuda (Torr.) A. Heller Washingtonia occidentalis (Nutt.) J.M. Coult. & Rose Washingtonia robusta H.Wendl. - Palmeira de abano mexicana
Notas
Véxase tamén Bibliografía Flora of North America Editorial Committee, e. 2000. Magnoliophyta: Alismatidae, Arecidae, Commelinidae (in part), and Zingiberidae. 22: i–xxiii, 1–352. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Henderson, A., G. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Americas 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1958. Palmae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part I. Fieldiana, Bot. 24(1): 196–299.
Logazóns externas
Imaxes en Google Flickr: Washingtonias in Russian National Subtropical Garden Flora of North America: Washingtonia Scanpalm: Washingtonia
Categoría:Palmeiras Categoría:Flora de América do Norte