Rinorrea (rhīno- gr. ‘nariz’ + rhoíā gr. ‘fluxo’) é o fluxo ou emisión de gran cantidade de líquido polo nariz, polo xeral por mor dun aumento da secreción de mucosidade nasal. Real Academia Nacional de Medicina. Rinorrea. Diccionario de términos médicos. 2012.
Sinónimos Hidrorrinorrea Hidrorrea nasal Goteo nasal Tinohidrorrea Constipado nasal
Etioloxía Son diversas as causas da rinorrea: Frío Infección Alerxias Lacrimación Traumatismo cranial Outras causas
Tratamento Na meirande parte dos casos o tratamento da rinorrea non é preciso, e soluciónase por si mesma, sobre todo se é un síntoma dunha infección. Para os casos xerais, asoando o nariz conséguese eliminar a acumulación de mucosidade. Pódense empregar ben solución salina en aerosois nasais, ben vasocontrictores en sprays nasais, mais pode ser contraproducente tras varios días de uso, xa que o seu abuso orixina rinite medicamentosa.Aubrey A. Got a Runny Nose? Flush it Out!. NPR. 2007-02-22.
Nos casos recorrentes, como as debidas á alerxia, hai tratamentos a dispor do usuario baseados en antihistamínicos e corticoides.
Véxase tamén Outros artigos Rinite Rinite alérxica Rinorraxia
Notas
Categoría:Síntomas