Antonio Hidalgo Rodríguez, nado en Sevilla o 22 de xaneiro de 1943 e finado o 6 de marzo de 2014, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a destacar nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, de onde marchou cedido ao CF Extremadura antes de fichar polo CD Badajoz.
Xogando no club estremeño estivo a punto de fichar polo Atlético de Madrid pero finalmente fichou polo Celta de Vigo na tempada 1968/69, a que sería a última tempada dunha longa etapa na Segunda División.
Militou no Celta oito tempadas, disputando 171 encontros, anos nos que chegou a participar no debut do equipo nunha competición europea, na Copa da UEFA na tempada 1971/72. Tamén viviu o descenso a Segunda do ano 1975 e o conseguinte ascenso dous anos despois.
Finalmente deixou o club no verán de 1976.
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Extremadura Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades sen imaxes