Fernán Núñez é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía, na comarca da Campiña Sur.

Tiña 9.736 habitantes (INE 2010). A súa extensión superficial é de 29,8 km² e tiña unha densidade de 326,71 hab./km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 40' N, 4º 43' O e a súa altitude é de 322 metros. Dista 30 quilómetros da capital de provincia, Córdoba, formando parte do Consorcio de Transporte Metropolitano da Área de Córdoba.

As principais actividades económicas son a agricultura e a construción. Destaca o cultivo de trigo, xirasol e, en menor medida, oliveira. Ademais, parte das súas terras de cultivo inclúense na denominación de orixe vitivinícola Montilla-Moriles.

Enlaza con Córdoba pola autovía A-45. Forma parte da Ruta do Califato e da Ruta do viño Montilla-Moriles. Entre os seus monumentos principais está a Igrexa de Augas Santas, de estilo barroco e o palacio ducal de estilo neoclásico.

Véxase tamén Ligazóns externas

Fernán Núñez - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía O Patrimonio Histórico de Fernán Núñez - Cultura, tradición, historia e arqueoloxía de Fernán-Núñez Fernán Núñez en imágenes - Imaxes de Fernán Núñez a través do tempo Fernán Núñez es de cine - Vídeo de Fernán Núñez na serie Andalucía es de cine de Canal Sur TV Pozuelo Digital - Portal Dixital de novas sobre Fernán Núñez Onda Marina Radio - Emisora municipal de Fernán Núñez` Club de Baloncesto Fernán Núñez - Club Baloncesto Fernán Núñez C.D. El Pozuelo - Club de Senderismo e Bicicleta "El Pozuelo" Izquierda Unida de Fernán Núñez - Páxina Web Oficial de Izquierda Unida de Fernán Núñez Partido Popular de Fernán Núñez - Páxina Web Oficial do Partido Popular de Fernán Núñez IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez - Páxina Web do IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez IES Miguel Crespo de Fernán Núñez - Páxina Web do IES Miguel Crespo Patrimonio cultural de Fernán Núñez na Guía Dixital do Patrimonio Cultural de Andalucía.IAPH

Categoría:Concellos da provincia de Córdoba