O castro de Santa Mariña tamén chamado Casal dos Ovos ou Castros Altos de Serantes é un poboado castrexo situado no concello de Ferrol, xunto á igrexa de Santa Mariña, nun alto en forma de chaira dende o que se domina a ría de Ferrol e á vista dos montes de Serantes.
Descrición O recinto ten forma ovalada e cunhas medidas nos eixos 88 m de norte a sur e de 104 m de leste a oeste. Parte do peche do castro foi destruído polo camiño de aceso actual e por obras na zona. A croa está ocupada por leiras e pequenas construcións. Só se aprecia unha pequena elevación das defensas no perímetro aproveitado como peche das leiras.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Ligazóns externas Castro de Santa Mariña .
Santa Mariña