miniatura|dereita|Percebes da madeira pegados a unha botella na praia do Dique do Porto do Son. dereita|miniatura|Percebes da madeira na praia de Baldaio, Carballo. O percebe da madeira, ou falso percebe, Lepas anatifera, Linnaeus 1758, é unha especie de crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos,Lepas anatifera Linnaeus, 1758 no ITIS. unha das catorce integrantes do xénero Lepas.Lepas Linnaeus, 1758 no WoRMS.
Este percebe, non comestíbel, encóntrase, a miúdo en grandes cantidades, unido polo seu pedúnculo flexíbel a madeiras flotantes, cascos de barcos, peiraos, pilotes, algas e varios tipos de restos flotantes, como botellas.Lepas anatifera Linnaeus, 1758 WallaWalla. Consultado o 11 de marzo de 2020.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 669 do tomo 1º do seu Systema Naturae.Lepas (Anatifa) anatifera Linnaeus, 1758 no WoRMS].
Sinónimo Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo (protónimo), a especie coñécese tamén polo sinónimo: Lepas (Anatifa) anatifera Linnaeus, 1758
Morfoloxía No estadio final do seu desenvolvemento o corpo, capítulo ou cabeza (capitulum) de 4 a 5 cm de lonxitude formado, xeralmente, por cinco placas calcarias lisas, finas (case translúcidas), de cor branca con tons azulados, bordeadas de escarlata, separadas por un tegumento negro, que amosan liñas de crecemento paralelas ás marxes e unhas poucas liñas con esculturas radiais tenues. O capítulo está sostido por un longo pedúnculo, moito máis fino e menos musculado que o do percebe común, de até 10–20 cm de lonxitude (pero que nalgúns casos pode chegar aos 85) e de cor parda ou marrón escura, agrisada.Steven Weinberg (2005): Découvrir la mer Rouge et l'océan Indien. París: Nathan. ISBN 2-09-278035-2, p. 283.<ref name=Lepas anatifera Marine Species Identification Portal. Consultado o 11 de marzo de 2020.
Dentro do capítulo, este percebe ten a verdadeira cabeza, o tórax e un abdome vestixial. Un número de cirros, filamentosos, ou tentáculos, de cor marrón, empregados para a alimentación proxéctanse entre as placas. O capítulo pode crecer até unha lonxitude de 5 cm.
Hábitat e distribución Hábitat Como o común, o percebe da madeira é un organismo sésil pero non se fixa sobre rochas senón sobre obxectos flotantes (madeiras, boias, cortizas, botellas etc.).
E como nel, o pedúnculo fórmase a partir das antenas da forma larval, mentres que as patas convértense en cirros que filtran a auga e conducen periodicamente o plancto cara ao animal.
Distribución Lepas anatifera ten unha área de distribución cosmopolita, encontrándose en mares tropicais e subtropicais de todo o mundo. Debido a que a miúdo está unido a obxectos transportados a mares máis fríos por correntes, como a deriva do Atlántico Norte, a miúdo encóntrase moi lonxe do seu lugar de orixe, e en augas demasiado frías para reproducirse. Desta forma rexistrouse a súa presenza en Europa desde Noruega, Islandia e as Illas Shetland, as Feroe, e Spitsbergen.
É abundante no Atlántico. Non é obxecto de recolección nin aproveitamento porque non é comestible.
Bioloxía O percebe da madeira é hermafrodita e comenza a reproducirse cando mide aproximadamente 2,5 cm de lonxitude. A fecundación é interna, e ovos incúbanse dentro do manto durante unha semana antes de emerxer como larvas nauplio de natación libre. Despois do seu crecemento, navegando á deriva como parte do plancto, aséntanse en obxectos flotantes.
Sábese desde hai tempo que Lepas anatifera habita sobre tartarugas mariñas, pero en 2008 encontráronse algúns pequenos espécimes unidos a un crocodilo americano (Crocodylus acutus) na costa mexicana do Pacífico. Esta especie de crocodilo habita principalmente mangleiarais e estuarios de ríos, pero é tolerante ao sal e, ás veces, encóntrase en ambientes mariños. Neste caso, o tamaño dos percebes indica que o crocodilo debeu estar no mar durante polo menos unha semana. Esta foi a primeira vez que Lepas anatifera rexistrouse como un epibionte dun crocodilo.
Nomes galegos Segundo Ríos Panisse os nomes co que se coñece esta especie en Galicia son: percebe da madeira (o máis usado) percebe de pau percebe da boia percebe da percha percebe flotante
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces). Verba, Anejo 7. Santiago de Copostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos Crustáceos Cirrípedes Percebe Mito da árbore dos gansos-percebe
Ligazóns externas Lepas anatifera en Asturnatura .
Categoría:Crustáceos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Moluscos de Galicia