miniatura|230px|Cunchas de S. plana. A cadela Ramonell, R. (1985), pp. 108-109.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 284. ou ameixa de can, Scrobicularia plana, (da Costa 1778), é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos semélidos, único representante, segundo o SIIT, do xénro Scrobicularia,Scrobicularia Schumacher, 1815 no SIIT. ou un dos dous que recoñece o WoRMS (a outra é Scrobicularia cottardi).Scrobicularia Schumacher, 1815 no WoRMS.

Morfoloxía As principais características morfolóxicas desta especie son:

Ten unha cuncha fráxil, equivalva e case equilateral, de contorno ovalado, que polo xeral pasa dos 6,5 cm de diámetro (eixe maior), aínda que normalmente mide 4,5 cm.Rolán e Otero (1996), p. 246.

A superficie externa da cuncha presenta numerosos sucos concéntricos e irregulares, con liñas de crecemento difíciles de determinar. A valva dereita ten dous dentes cardinais pequenos, e a esquerda só un.

A coloración externa é gris, parda clara ou crema, co perióstraco escuro. O interior da cuncha é branco ou amarelado e deixa ver as pegadas dos músculos adutores e o seo paleal.

Distribución e hábitat Comunmente habita nas costas de fondos areosos ou fangosos e nos estuarios do norte de Europa, o Mediterráneo e África occidental, onde vive entrerrada ata os 30 ou 40 cm de profundidade.

Nalgunhas zonas chegou a ser moi abundante: nos anos 1930 rexistráronse concentracións de ata mais de 1 000 individuos por m2 no estuario do río Tamar (suroeste de Inglaterra),Spooner, G. M. & Moore, H. B. (1940): "The eology of the Tamar Estuary, VI. An account of the macrofauna of the intertidal muds". J. Mar. Biol. Ass. U.K. 24: 283-330. e no do Gwyndraeth (País de Gales).Green, J. (1957): "The growth of Scrobicularia plana (Da Costa) in the Gwendraeth estuary". J. Mar. Biol. Ass. U.K. 36: 41-47.

Taxonomía O xénero Scrobicularia foi establecido en 1815 polo médico e naturalista alemán Schumacher, e comprende, para a maioría dos autores, unha soa especie, Scrobicularia plana, aínda que, como quedou dito, o WoRMS recoñece tamén outra, Scrobicularia cottardi (Payraudeau, 1826).

A especie Scrobicularia plana fora descrita en 1778 polo naturalista británico da Costa co nome de Trigonella plana, dentro do xénero Trigonella por el descrito o mesmo ano (e que hoxe se identifica con Mactra, Linnaeus, 1767). Ao longo dos tempos foi reclasificada en numerosos xéneros e especies:Scrobicularia plana (da Costa, 1778) no WoRMS.

Amphidesma transversum Say, 1831 Lavigno calcinella Récluz, 1845 Lavigno reaumuriana Récluz, 1845 Lavignonus deshayesii Récluz, 1869 Lutricola compressa Blainville, 1824 Mactra compressa Pulteney, 1799 Mactra listeri Gmelin, 1791 Mactra piperata Poiret, 1786 Mya gaditana Gmelin, 1791 Mya hispanica Philippi, 1836 Mya orbiculata Spengler, 1793 Scrobicularia arenaria Schumacher, 1817 Scrobicularia calcarea Schumacher, 1815 Syndosmya truncata Récluz, 1843 Tellina rubiginosa Poli, 1791 Trigonella listeriana Leach in Gray, 1852 Trigonella plana da Costa, 1778 (nome orixinario) Venus dealbata Gmelin, 1791 Venus gibbula Gmelin, 1791

Finalmente foi incluída no xénero Scrobicularia por Schumacher, e hoxe o seu nome válido é Scrobicularia plana, respectando a antigüidade da descrición de da Costa.

Tamén a clasificación da familia foi obxecto de discusión, xa que Scrobicularia plana estivo até hai pouco incluída na familia dos escroibicularíidos, Scrobiculariidae H. Adams & A. Adams, 1856, qiue hoxe se condidera un sinónimo de Semelidae.Scrobiculariidae H. Adams & A. Adams, 1856 no WoRMS.

Interese pesqueiro e comercial Aínda que ser é un molusco comestible, posúe un sabor a pementa que non o fai agradable (en inglés, Peppery furrow shell). Mesmo a captura é problemática xa que a cuncha adoita romper ó intentar extraerla da area.

En Galicia En Galicia é unha especie moi abundante, encontrándose en fondos de area lameira na zona intermareal, en costas protexidas, ou en lagoas litorais, en todo o país.

Ademais de por cadela e ameixa de can, coñécese popularmente polos nomes de cadela de frade e cadela de mar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Bivalvos Veneroides Semélidos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas

Vídeo de Scroblicularia plana alimentándose en ARKive.

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1778