O Ferrari F50 é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari entre os anos 1995 e 1997. Foi bautizado F50 polo 50º aniversario da fábrica. O coche é un dúas portas, dous asentos convertible, cun teito duro desmontable. Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4,7 litros atmosférico de 60 válvulas V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3,5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula 1 de 1992.
Só foron feitos 349 coches. O último F50 foi producido en Maranello, Italia en xullo de 1997.
Competición A partir deste deseño, Ferrari desenvolveu o F50 GT, un prototipo baseado no F50 que foi construído para competir nas carreiras de clase GT1. O coche tiña un teito fixo, spoiler traseiro grande, novo alerón dianteiro e moitos outros axustes. O motor V12 de 4,7 litros foi axustado para xerar ao redor de 750 CV. Nas probas en 1996, o coche demostrou ser máis rápido có 333SP, pero isto non interesou e Ferrari cancelou o proxecto F50 GT.
Especificacións miniatura|Ferrari F50 en Melbourne, Australia. miniatura|Ferrari F50 traseira. miniatura|Ferrari F50.
Xeral Prezo (1995): 480.000 $ – $555.000 $ Fabricado en: Maranello, Italia Unidades producidas: 349 (dende 1995 ata xullo de 1997) Inspirado: Ferrari 641 de 1990 pilotado por Alain Prost
Dimensións Peso: 1.230 kg. Distribución: 42%/58 % (dianteiro/traseiro) Lonxitude: 4.496 mm. Altura: 1.120 mm. Ancho: 1.986 mm.. Distancia entre eixes: 2.581 mm.
Motor Tipo: Tipo 040 derivado do modelo SFE 4,7 VJGAEA Posición: motor central, tracción traseira Configuración: Lonxitudinal 60 válvulas V12 a 65°, derivado do de F1 aspiración: natural Colector de admisión: Fibra de carbono Bloque: Ferro fundido Cabezais/Pistóns: alleaxe de aluminio / pistóns forxados Cárter de aceite: aluminio Bielas: titanio forxado Veo de manivelas: aceiro forxado Levas e carcasa das bombas de auga e aceite: Magnesio moldeado en area Colector de escape: aceiro inoxidable Peso motor: 198,0 kg. Engrenaxes de distribución: 5 válvulas/cil. (3 entrada, 2 escape), 4 árbore de levas (2 por bancada de cilindros) Desprazamento: 4698 cc Potencia máx. : 382 kW; 513 hp @ 8000 rpm torque máx.: 470 N·m @ 6500 rpm Potencia / Disp: 109.1 CV / litro Peso / potencia: 5.8 kg / CV Relación de compresión: 11.3:1 R.p.m. máx.: 8500 rpm UCE: Bosch Motronic 2.7 Alimentación de combustible: inxección secuencial Arranque: Bosch Lubricación: Cárter seco Depósito de combustible: recheos de espuma, vexiga de caucho de estilo aeronáutico Sekur, 105 litros.
Transmisión Configuración: lonxitudinal 6 velocidades manual + marcha atrás, diferencial de deslizamento limitado, RWD Relación de transmisións: 2.933:1 (1ª), 2.157:1 (2ª), 1.681:1 (3ª), 1.360:1 (4ª), 1.107:1 (5ª), 0.903:1 (6ª), 2.529:1 (marcha atrás) Transmisión final: 3.70:1 Volante: aceiro Grupo transmisión final: aluminio moldeado en area Engrenaxes restantes: magnesio moldeado en area Soporte: aceiro Embrague: dobre disco en seco Refrixeración: aceite-auga intercooler
Chasis Materiais: fibra de carbono, resina de epoxi, Nomex niño de abella, construción tipo sándwich Peso: 1.020 kg. Rixidez torsional: 34.570 N·m por grao
Dirección Tipo: TRW piñón e cremalleira, 3,3 voltas de tope a tope, sen axuda Ángulo de avance: 5,5 a 5,7 graos Radio de xiro: 12 m.
Prestacións 0–100 km/h: 3,3 segundos 0–1000 m: 19,5 segundos 100–0 km/h(freada): 34 metros Velocidade máxima: 325 km/h
Cores máis comúns Rosso Corsa (Vermello): 302 Giallo Modena (Amarelo): 31 Rosso Barchetta (Vermello escuro): 8 Argento Nurburgring (Prata): 4 Nero Daytona (Negro): 4
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas Páxina web oficial de Ferrari
Categoría:Modelos de Ferrari