Boy (relatos de infancia) (na versión orixinal Boy: Tales of Chilhood) é un libro autobiográfico do escritor galés Roald Dahl. O libro describe a súa vida dende o seu nacemento ata acabar a escola, centrándose nas condicións de vida na Gran Bretaña dos anos 20 e 30, o sistema de escola pública británica e como as súas experiencias da nenez o levaron á súa carreira como escritor. Remata o libro co seu primeiro emprego, traballando para Royal Dutch Shell. A súa autobiografía continúa no libro Voando só.
Editado en galego no ano 1989 por Alfaguara, con tradución de Xosé Antonio Palacio, e por Sushi Books en 2014.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xuvenil Alfaguara
Categoría:Obras literarias de 1984 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego