miniatura|Froita silvestre: amoras, amorodos e arandos.
Froita silvestreGonzález González, M. (coord.) (2012): Dicionario de alimentación e restauración (galego-castelán-inglés). Santiago de Compostela : Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas. Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.
A comercialización en Galiza aínda non está xeneralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.
A froita silvestre é de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuma ser a máis atractiva polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas é froita silvestre comestíbel, mais cómpre ter en conta que algunha é velenosos.
As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pel e nas sementes. Por iso, moitas froitas silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno ("ORAC") entre alimentos vexetais. Son consideradas alimentos moi saudábeis.
A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas). Exemplos
Adoitan considerarse a nivel gastronómico como tales as froitas a seguir:
Galiza Arandos: Arando bravo, uva de monte: Vaccinium myrtillus (arandeira brava), Arando negro: Vaccinium uliginosum (arandeira negra), Cereixa brava - Prunus avium (cerdeira brava) Abruño - Prunus spinosa (abruñeiro, ameixeira brava) Pero de can - Rosa canina (roseira brava), non se consome cru, mais si en marmeladas e infusións Framboesa - Rubus idaeus (framboeseiro) Amorodo ou morote - Fragaria vesca (amorodeira ou moroteira brava) Amora - Rubus ulmifolius e Rubus fruticosus (silva ou silveira) Bagas de sabugueiro - Sambucus nigra (bieiteiro, sabugueiro) Pero - Pyrus cordata (pereira brava) Mazá brava - Malus sylvestris (maceira brava) Morote do érbedo ou fartabellaco - Arbutus unedo (érbedo).
Outras Arandos: Arando azul: Vaccinium corymbosum (arandeira americana), Arando vermello: Vaccinium oxycoccus (arandeira vermella). Grosellas: Grosella branca: Ribes uva-crispa (Groselleira branca ou espiñenta) Grosella vermella: Ribes rubrum (Groselleira vermella) Grosella negra: Ribes nigrum (Groselleira negra) Grosella alpina: Ribes nigrum (Groselleira alpina) Amoras: Rubus caesius Rubus glaucus (silveira andina) Rubus chamaemorus (silveira boreal ou silveira dos illós) Ugni molinae Berberis microphylla Vitis rotundifolia Aristotelia chilensis
Outros Nos montes galegos tamén medran froitos bravos comestíbeis que poderían considerarse froita silvestre, mais que gastronomicamente non se consideran así; é o caso dos froitos secos: Noz - Juglans regia (nogueira) Castaña - Castanea sativa (castiñeiro) Abelá - Corylus avellana (abeleira)
Notas