Indra Sistemas é unha multinacional española con sede en Alcobendas (Comunidade de Madrid) dedicada a tecnoloxías do transporte e tránsito, enerxía e Industria, administración pública e sanidade, servizos financeiros, seguridade e armamento, telecomunicacións e multimedia. Indra opera en máis de 118 países e ten 42.000 traballadores en todo o mundo.

Historia miniatura|esquerda|Sede de Indra na Grela, A Coruña. As orixes de Indra Sistemas están na fusión en 1992 da compañía privada Ceselsa e o grupo público Inisel do INI. Nas súas orixes a empresa traballaba principalmente para a administración e dende os anos 1990 é un dos principais socios tecnolóxicos do exército español. O goberno español participa en proxectos europeos e internacionais con Indra como socio tecnolóxico e estratéxico. Indra subministra e mantén sistemas militares para o exército español, radares e sistemas de control de tráfico para a Dirección Xeral de Tráfico, sistemas para expedir documentos para a Policía Nacional ou radares para control de tráfico aéreos e xestión.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Indra

Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Ibex 35