O lobo ou lóbulo caudado, tamén denominado lobo de Spiegel, é un dos catro lobos que conforman o fígado. Fica situado sobre a cara posterosuperior do fígado, xusto en fronte da décima e máis a undécima vértebra.
A síndrome de Budd-Chiari, causada por unha oclusión da saída venosa hepática, pode provocar hipertrofia do lobo caudado, por mor das anastomoses nesta parte do fígado, que permiten continuar a función deste lobo.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Lobo (fígado)
Categoría:Lobos do fígado