miniatura|Cuncha interna de xiba. miniatura|Metasepia pfefferi, unha xiba velenosa para o home. miniatura|Sepia latimanus (coloración vermella). miniatura|Sepia latimanus (coloración branca). Os sepíidos ou sépidos (Sepiidae, Leach, 1817) son unha familia de moluscos cefalópodos pertencente á orde dos Sepiida. As súas especies coñécense cos nomes de sepias, xibas ou chocos, entre outros.Ríos Panisse (1977), pp. 80-84.)Ramonell, Rosa (1986), pp. 144-149. Os dimuntivos chopiño e choquiño aplícanse a especies da familia dos sepiólidos (Sepiolidae), doutra orde irmá, a dos Sepiolida.

Descrición

As sepias teñen o corpo ovalado e máis ou menos deprimido dorsoventralmente. O manto está rodeado por dúas expansións laterais a modo de aletas que abanean para moverse no seu ambiente. Das súas dez patas de decápodo, ou raxos,Ríos Panisse (1977) pp. 84-85. equipadas con ventosas (ou botóns),Ríos Panise (1977), p. 87. oito son brazos, de pequena lonxitude, e as outras dúas, moito máis longas e retráctiles, tentáculos rematados en senllas mazas ou paletas con moitas ventosas desiguais, utilizados na defensa e na reprodución.

Este animais teñen os ollos cunha pupila moi desenvolvida, en forma de W.

Teñen unha gran capacidade para camuflarse xa que poden cambiar a súa cor dependendo da do fondo sobre o que están.

No interior do manto teñen unha ampla cuncha ovalada, a bolsa da tinta ou borra,Ríos Panisse (1977), p.86, que expulsan cando se senten ameazados.

Os tamaños destes moluscos van desde os 5 cm dos chopiños máis pequenos, pasando polos 90 cm da sepia común (Sepia officinalis) até os 120 cm que miden as especies máis desenvolvidas.

Bioloxía

Os sepíidos aliméntanse de cangrexos, camaróns, pequenos peixes, vermes acuáticos, pequenos polbos e outros moluscos, e son xeralmente predados por golfinos, tiburóns, grandes peixes, focas e outras sepias.

En liberdade viven en xeral un ou dous anos.

Durante a reprodución, se un macho é rexeitado pola femia, ou escorrentado por outros machos dominantes, tende a copular, porán, asumindo a mesma coloración das femias, acercarse ás mesmas sen levantar sospeitas delas ou dos machos dominantes para, por sopresa, fecundar a unha.

Taxonomía

Segundo o World Register of Marine Species a familia comprende seis xéneros:Sepiidae Leach, 1817 en WoRMS. Glyptosepia Metasepia Sepia Sepiella Solitosepia Tenuisepia

Aínda quer outras clasificacións reducen es número a tres:Catalogue of Life:: 2011 Annual Checklist. Metasepia Sepia Sepiella

Filoxenia Este é un caldograma da familia, segundo Catalogue of Life:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ramonell, Rosa (1985): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertabrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Outros artigos Cefalópodos

Categoría:Cefalópodos