Os sepiolideos (Sepiolida, Fioroni 1981) son unha orde de moluscos cefalópodos, estreitamente relacionados coas xibas (orde Sepiida).

Morfoloxía Son animais de pequeno tamaño, entre 1 e 8 cm de lonxitude, cun corpo redondeado (a diferenza das xibas, que o teñen ovalado) e dúas aletas circulares a ámbolos lados do manto.

Carecen de cuncha interna ou téñena rudimentaria, de natureza quitinosa. Teñen, como as xibas, oito brazos curtos e dous tentáculos longos, con ventosas esféricas; os tentáculos son retráctiles e acóllense nunhas bolsas que posúen na cabeza.

Hábitat e bioloxía miniatura|dereita|350px|Euprymna berryi de Timor Leste Son animais bentónicos e peláxicos, e viven preferentemente en augas litorais superficiais, sobre todo nos océanos Pacífico e Índico, pero tamin hai especies comúns no Atlántico e o Mediterráneo, como é o caso de Sepiola rondeleti.

Canto ás prácticas reprodutivas, as femias depositan os ovos en paquetes de 1 a 400, que cobren con area e abandonan.

Os membros desta orde teñen unha relación simbiótica cunha bacteria bioluminescente Vibrio fischeri, presente na auga circundante e que comeza xa no momento da eclosión. A bacteria alóxase nun órgano especial do manto e a luz que emite permite ó animal ocultarse no contorno.

Taxonomía Coñécense unhas 70 especies distribuídas en 17 xéneros nunha única familia (WORMS): Familia Sepiolidae Xénero Amphorateuthis Young, Vecchione & Roper, 2007 Xénero Austrorossia Berry, 1918 Xénero Choneteuthis Lu & Boucher-Rodoni, 2006 Xénero Euprymna Steenstrup, 1887 Xénero Heteroteuthis Gray, 1849 Xénero Inioteuthis Verrill, 1881 Xénero Iridoteuthis Naef, 1921 Xénero Nectoteuthis Xénero Neorossia von Boletzky, 1971 Xénero Rondeletiola Naef, 1921 Xénero Rossia Owen, 1834 Xénero Semirossia Steenstrup, 1887 Xénero Sepietta Naef, 1912 Xénero Sepiola Leach, 1817 Xénero Sepiolina Naef, 1912 Xénero Stephanoteuthis Xénero Stoloteuthis Verrill, 1881

En Galicia Os exemplares desta orde péscanse e comercialízanse en Galicia cos nomes de chopiño e choquiño; en castelán sepiolas e globitos.

Segundo Rosa Ramonell en Galicia son relativamente frecuentes as seguintes especies: Rossia macrosoma Sepiola atlantica Sepieta oweniana Rondeletiola minor

Véxase tamén Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Cefalópodos