Félix Castro Vicente, nado en Ourense o 31 de decembro de 1970, é un escritor e investigador musical e etnográfico galego.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Salamanca, sendo tamén licenciado en Antropoloxía. Exerce como avogado, tendo investigado tamén a cultura tradicional, nas súas vertentes de etnomusicoloxía e crenzas máxicas, tendo publicado diversos artigos en prensa e revistas sobre O Ciprianillo e Manuel Blanco Romasanta, algúns deles co seu irmán Cástor Castro.

Os dous irmáns foron cofundadores do grupo Felpeyu no 1991, na Universidade de Salamanca. Desde 1994 son integrantes da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense.

Obras Ensaio Catálogo de músicos da Limia, 2005, Difusora. Libros do demo, grimorios e ciprianillos, 2010, Deputación de Lugo.

Obras colectivas Faustino Santalices, 2010, Xunta de Galicia. Faustino Santalices, ciencia da gaita, consciencia da zanfona: tradición musical galega : congreso [11 e 12 de marzo de 2011, Museo Municipal de Ourense, 2011, Difusora.

Véxase tamén Ligazóns externas Música rabeosa, blog do autor. Arquivo Castro Vicente

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca