A Praza Vermella (en ruso: Красная площадь, tr. Krásnaja plóščaď; AFI: [ˈkrasnəjə ˈploɕːətʲ]) é unha praza situada en Moscova, capital da Federación Rusa. A praza separa o Kremlin, a antiga cidadela real e actuala residencia oficial do Presidente de Rusia, dun histórico barrio de mercadores coñecido como Kitai-gorod. A Praza Vermella é a miúdo considerada a praza central de Moscova e de toda Rusia, xa que as principais rúas de Moscova, que conectan coas principais estradas do país, parten dela.

Orixe e nome O nome da Praza Vermella non provén nin pola cor dos ladrillos que o rodean (que, de feito, foron blanqueados en certos momentos da historia), nin da relación entre a cor vermella e o comunismo. O nome xurdiu porque a palabra rusa красная (Krasnaya) pode significar tanto "vermello" como "fermoso" (este último é máis ben arcaico; прекрасная, prekrasnaya). Esta palabra, co significado de "belo", aplicouse orixinalmente á Catedral de San Basilio e posteriormente foi trasladado á praza próxima. Crese que a praza adquiriu o seu nome actual (que substitúe á Pozhar, "lugar queimado") no século XVII. Varias cidades antigas rusas, como Suzdal, Yelets, e Pereslavl Zalessky, a súa praza principal chámase Krasnaya Ploshchad.

Descrición thumb|180px|Catedral de San Basilio. A Praza Vermella separa o Kremlin, a fortaleza real onde actualmente reside o presidente de Rusia, do barrio histórico comercial de Kitai-gorod. Dela parten as principais rúas de Moscova en todas direccións, prolongadas en autoestradas até fóra da cidade. Por iso é considerada a praza como o centro da cidade e de toda Rusia.

A zona onde está situada a praza estaba orixinariamente poboada por edificios de madeira, pero foi limpada por Iván III de Rusia, xa que eran susceptibles de arder con facilidade. A nova praza serviu como lugar para os mercados, máis tarde para cerimonias públicas e proclamacións, mesmo para coroar aos tsares.

Na praza atópanse o patíbulo, o monumento a Kuzma Minin e a Dmitry Pozharsky, ademais do mundialmente famoso sepulcro (mausoleo) de Lenin. Na parede do Kremlin están sepultas grandes figuras da Unión Soviética e relevantes militantes comunistas (como o líder Iosif Stalin, o cosmonauta Iuri Gagarin, o xornalista e escritor estadounidense John Reed, algúns altos xefes militares etc).

Historia recente O 28 de maio de 1987, o entón novo xermano-occidental Mathias Rust aterrou o seu pequeno avión Cessna en plena praza. Tivo que cumprir máis de 400 días de cárcere e ese feito tamén derivou na forzada renuncia do mariscal Sergey Sokolov, o entón ministro de defensa soviético.

En anos recentes na Praza Vermella celebráronse numerosos concertos. Realizaron actuacións alí grupos internacionais como Pink Floyd, a banda alemá Scorpions que celebrou un recital coa orquestra presidencial da Federación Rusa no aniversario da capital rusa. Ou o antigo beatle Paul McCartney.

Galería fotográfica

Véxase tamén

Outros artigos Kremlin de Moscova Patrimonio da Humanidade en Rusia Catedral de San Basilio Moscova

Ligazóns externas Vídeo da Praza Vermella

Vermella Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia