é o himno nacional do Xapón. A súa letra é a máis antiga de entre os himnos nacionais do mundo, ademais dunha das máis curtas cunha lonxitude de 11 medidas e 32 caracteres. A súa letra procede dun poema waka escrito no período Heian (794–1185), e a melodía adaptouse en 1880, substituíndo a outra melodía pouco popular composta once anos antes. Malia que o título "Kimigayo" adoita traducirse coma "O Reinado da súa Maxestade Imperial", non hai unha tradución oficial do título ou da letra establecida por lei.

Dende 1888 ata 1945 "Kimigayo" serviu coma himno nacional do Imperio do Xapón. Trala disolución do imperio seguindo a súa rendición ó final da Segunda guerra mundial, o estado do Xapón sucedeuno en 1945. O emperador Hirohito permaneceu no trono, e "Kimigayo" mantívose coma o himno nacional de facto. Quedou recoñecido oficialmente por lei coma o himno nacional do país no ano 1999.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos do Xapón Categoría:Composicións musicais do século XIX