Maria Rosaria (Mara) Carfagna, nada o 18 de decembro de 1975 en Salerno, é unha política italiana, antiga showgirl, modelo e presentadora de televisión .

Traxectoria

Fixo estudos de dereito, compaxinándoos coa súa participación concursos de misses, chegando á final de Miss Italia en 1997, conseguindo o título de Miss Cinema, logo seguiu unha carreira na televisión, copresentou os programas Domenica in (1997-1998) e La domenica del villaggio (2000-2004), sen deixar os seus estudos, no ano 2001 defendeu a súa tese sobre o dereito de información nos sistemas radiotelevisivos. No ano 2004 pasou a presentar Piazza Grande e no ano 2006 comezou a súa carreira política, como deputada nas listas de Forza Italia. De 2008 ata 2011 foi ministra para a Igualdade de Oportunidades no gabinete de Silvio Berlusconi.

Categoría:Modelos femininas de Italia Categoría:Ministros de Italia Categoría:Presentadores de televisión de Italia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Salerno