Belarmino Freire Bujía é un funcionario e político galego do PSdeG que foi alcalde de Pontedeume durante 5 lexislaturas.
Traxectoria Funcionario da Xunta de Galicia, foi escollido alcalde de Pontedeume por primeira vez nas eleccións municipais de 1987, repetiu parecido resultado nos comicios de 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que sempre lle compreu o apoio doutras formacións políticas como PSG-EG, CPG ou BNG para formar goberno.
No seu penúltimo mandato, a corporación que dirixía Freire concedeulle unha licenza a un veciño para edificar na costa. A liorta chegou aos tribunais e en 2015, cando xa non era alcalde, o xuíz Vázquez Taín condenouno a seis meses de cárcere e sete anos de inhabilitación para emprego público. Non tivo que ingresar en prisión.
Ao cesar na alcaldía reincorporouse no seu posto de funcionario do Sergas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontedeume
Categoría:Alcaldes de Pontedeume Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes