Philips é unha empresa holandesa de electrónica. Ten a súa sede na cidade de Ámsterdam, pero a orixe da empresa está en Eindhoven. A empresa produce electrónica de consumo, iluminación, telecomunicacións e equipamento médico.
Philips é o fundador e patrocinador do club de fútbol PSV Eindhoven.
Historia miniatura|esquerda|Etatua de Anton Philips en Eindhoven. En 1891 Gerard Philips xunto co seu pai Frederik Philips fundaron Philips & Co. nun local en Eindhoven. Os primeiros produtos foron bombillas, actualmente o local foi convertido nun museo. Orixinalmente a planta de Philips adicábase á montaxe de lámpadas de filamento de carbono. Gerard Philips estaba particularmente interesado na investigación e sentou as bases para o Laboratorio de Física de Philips (NatLab), o sucesor foi, o High Tech Campus de Eindhoven. Coa incorporación do irmán Gerard Anton Philips, en 1895, a dirección da empresa compleméntase cun home de negocios que era capaz de facer medrar a empresa. En 1899 Anton pasa a ser socio xerente da empresa. En 1907, fúndase NV Philips Metal Factory en Eindhoven, seguindo en 1912 co establecemento de NV Philips, Gerard e Anton Philips foron os primeiros directores.
Cronoloxía miniatura|dereita|Radio a válvulas Philips 930A (1931). miniatura|150px|dereita|DCC 1891 fundación de Philips por Gerard Philips o seu irmán Anton e seu pai Benjamin Frederik David, primo irmán de Karl Marx, para producir lámpadas incandescentes na zona de Eindhoven 1918 saída ao mercado dun tubo de raios X médico e dun servizo de reparación de aparellos radiográficos. Créase a división de sistemas médicos 1925 primeiros experimentos da compañía coa televisión 1926 fundación de Philips en España 1927 inicia a fabricación de radios e pequenos electrodomésticos 1940 iníciase a segunda guerra mundial, as fábricas do país foron destruídas polos bombardeos da Luftwaffe. A empresa instalouse en Bélxica, os Estados Unidos e Inglaterra 1950 fúndase Philips Records 1963 lanzamento da cinta de son 1965 primeiro circuíto integrado experimental e fabricación de equipamentos electrónicos transistorizados 1972 Philips funda PolyGram 1978 introdución do seu primeiro aparello VHS fabricado en Reino Unido 1979 presentación do formato de vídeo para o fogar V2000 1983 xunto con Sony, lanza o CD (compact disc) 1992 lanzamento do DCC, cinta de son dixital 1995 DVD desenvolvido xunto con Sony e Toshiba 1998 Philips Royal Electronics vende PolyGram a Seagram, fusionada con MCA, formando a Universal Music Group 2001 Philips lanzou a cafeteira Senseo 2001 Philips e LG iniciaram unha joint venture para producir monitores coa marca LG Philips 2001 a sede da Philips foi transladada de Eindhoven a Ámsterdam 2006 presentación xunto con Sony do Blu-ray 2009 inicia a produción da primeira lámpada con tecnoloxía LED 2010 Philips presenta televisores con tecnoloxía LED e Ambilight Spectra II. 2010 primeira televisión LED 3D 2011 Philips renovou a liña de cafeteiras Senseo
Philips en España miniatura|dereita|Mira de axuste de Philips. Philips chega a España en 1926 nun principio como importadora e distribuidora. En 1927 merca a empresa Lámparas Eléctricas “Z” (SELEZ). Unha empresa fundada en 1908 polo enxeñeiro barcelonés Luis Muntadas Rovira adicada á fabricación de lámpadas de alumbrado. En 1945 comezou a fabricación de tubos fluorescentes e dez anos despois a fabricación de tubos de imaxe para televisores. En 1959 inaugúrase a primeira instalación para fabricar ferritas na Zona Franca de Barcelona, onde no ano seguinte funda Miniwatt, S.A. adicada á fabricación de compoñentes electrónicos.
Nos anos 1980 e 1990 Philips reorganizou toda a súa estrutura produtiva e de organizaciónHistoria en España.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Philips
Categoría:Empresas de telecomunicacións