Roberto Rey Martínez, nado en Alemaña o 11 de decembro de 1974, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Nado en Alemaña de pais emigrantes, con sete meses foi vivir cos avós a Galegos. Estudou en Pontecarreira, no IES de Ordes e fixo estudos de empresariais. Participou na candidatura do PPdeG ao concello de Frades nas municipais de 1999, e foi elixido concelleiro, ocupando a concellaría de Cultura e Deportes. Foi elixido concelleiro nas sucesivas eleccións. Logo da dimisión de Miguel Prado Patiño en setembro de 2012, foi elixido alcalde de Frades o 22 de setembro dese mesmo ano. Nas eleccións de 2015, 2019Concello de Frades na FEGAMP e 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Frades

Ligazóns externas Frades - Roberto Rey elixido novo alcalde de Frades

Categoría:Alcaldes de Frades Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Alemaña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes