A nebuleta (nebulette) é unha isoforma da proteína nebulina, de moito menor tamaño. A nebulina (600-900 kDa) exprésase preferencialmente no músculo esquelético, pero a nebuleta (107 kDa) exprésase no músculo cardíaco. A nebuleta identificárona en 1995 Moncman e Wang usando cultivos primarios de cardiomiocitos de polo embrionado por inmunoprecipitacións con certos anticorpos monoclonais antinebulina. A expresión normal da nebuleta é esencial para a ensamblaxe e función contráctil das miofibrilas.
A nebuleta está codificada no cromosoma 10 humano, mentres que a nebulina o está no cromosoma 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - nebulette
Categoría:Proteínas