miniatura|Paracirrhites forsteri, nas Illas Maldivas Os cirrítidos ( Cirrhitidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, propios de augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Morfoloxía Posúen un corpo alongado, alcanzando tamaños máximos de 55 cm, aínda que adoitan ser peixes pequenos e moi coloreados. Unha única aleta dorsal continua con 10 radios espiñosos e 11 a 17 radios brandos; os primeiros presentan cirrios Estruturas filamentosas que algúns peixes posúen na cabeza ou nas aletas. nos extremos das espiñas. A aleta anal ten 5 a 7 radios brandos.
Hábitat e bioloxía Viven entre as rochas e os corais, alimentándose de pequenos peixes e crustáceos. Son hermafroditas protoginos e os machos manteñen grupos territoriais con varias femias.
Adáptanse moi ben ás condicións de vida nos acuarios.
Taxonomía Comprenden 12 xéneros: Amblycirrhitus (Gill, 1862) Cirrhitichthys (Bleeker, 1857 ) Cirrhitoidea Jenkins, 1903 Cirrhitops (Smith, 1951) Cirrhitus (Lacepède, 1803) Cristacirrhitus (Randall, 2001) Cyprinocirrhites (Tanaka, 1917 ) Isocirrhitus (Randall, 1963) Itycirrhitus (Randall, 2001) Neocirrhites (Castelnau, 1873) Notocirrhitus (Randall, 2001) Oxycirrhites (Bleeker, 1857) Paracirrhites (Bleeker, 1874) miniatura|350px|Oxycirrhites typus|centro Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species
Categoría:Percoideos