miniatura|Acanthocepola krusensternii Os cepólidos ( Cepolidae ) son unha familia de peixes mariños, a única incluída na superfamilia Cepoloidea dentro da orde Perciformes.

Morfoloxía Teñen un corpo alargado, comprimido e aguzado cara á rexión caudal. As aletas dorsal e anal conflúen coa caudal nunha longa e baixa aleta única; aquelas non posúen radios espiñosos ou, como moito 4 a primeira e 1 a segunda. A liña lateral segue o perfil do dorso ó longo da base da aleta dorsal.

Alcanzan tamaños de ata 70 cm de lonxitude, no caso da Cepola macrophthalma (antes C. rubescens), común no mar Mediterráneo.miniatura|350px|Cepola macrophthalma|centro Hábitat e bioloxía Son peixes mariños distribuídos polo Atlántico oriental, incluído o Mediterráneo, e Indo-Pacífico oriental ata Nova Zelandia. Adoitan vivir en buratos que escavan na area ou na lama, e aliméntanse de zooplancto. Os ovos son peláxicos.

Taxonomía Divídense en 5 xéneros: Acanthocepola, Bleeker 1874 Cepola, Linnaeus 1766 Owstonia, Tanaka 1908 Pseudocepola Sphenanthias

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Percoideos