, nado o 29 de outubro de 1935 en Ujiyamada (hoxe Ise) (prefectura de Mie) e finado o 5 de abril de 2018, foi un director de cine, animador, guionista e produtor xaponés. Acadou o recoñecemento da crítica internacional polo seu traballo como director de cine de anime.
Traxectoria Naceu na mesma vila que o tamén director Kon Ichikawa, Ujiyamada. Takahata gradouse na Universidade de Tokyo en literatura francesa en 1959.
Takahata é cofundador de Studio Ghibli xunto co seu compañeiro Hayao Miyazaki. Dirixiu filmes con temática bélica como Hotaru no haka, o drama romántico Omohide Poro Poro, a aventura ecoloxista Heisei Tanuki Gassen Ponpoko e a comedia Hōhokekyo Tonari no Yamada-kun. O filme Hotaru no haka está considerado polo crítico de cine Roger Ebert un dos mellores filmes de guerra feito xamais. No ano 1981, dirixiu as adaptación a filme e serie de animación do manga Jarinko Chie. A diferenza da maioría dos directores de anime, Takahata non debuxou nin nunca traballou como animador antes de converterse en director.
Segundo Hayao Miyazaki, "música e estudo son as súas afeccións".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Directores de cinema do Xapón Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados na prefectura de Mie Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados por cancro de pulmón