Panis angelicus é a penúltima estrofa do himno Sacris solemniis composto por San Tomé de Aquino para a celebración do Corpus Christi como parte dunha completa liturxia da Festa que incluía oracións para a Misa e a Liturxia das Horas.

A estrofa mencionada, que comeza coas palabras "Panis Angelicus / fit panis hominus", frecuentemente se considerou coma un himno independente; algo semellante ao sucedido con outros himnos compostos polo mesmo autor para o Corpus Christi, como Verbum supernum prodiens, a pénultima estrofa do cal comeza co verso O salutaris Hostia, ou o ben coñecido Pange lingua, cunha penúltima estrofa que se inicia con Tantum ergo.

Letra

Latín Galego Panis angelicus fit panis hominum; dat panis coelicus figuris terminum: O res mirabilis! manducat Dominum pauper, servus, et humilis.

Te trina Deitas unaque poscimus: Sic nos tu visita, sicut te colimus; per tuas semitas duc nos quo tendimus, ad lucem quam inhabitas. Amen.O pan dos Anxos faise pan dos homes; o pan do ceo dá fin aos agoiros: Ó, cousa admirable!, aliméntanse do Señor o pobre, o servo, e o humilde.

Deus, un e trino, a Ti pregamos que veñas a nós segundo te adoramos. Polas túas sendas fai que nos dirixamos cara á luz na que habitas. Amén.

Categoría:Liturxia católica