Mageia é unha distribución de Linux sustentada polo "proxecto Mageia". Créana como un fork de Mandriva Linux algúns dos antigos empregados franceses de Mandriva, que abren o seu desenvolvemento á comunidade en 2010.Mageia en Distrowatch. Esta orientada a ser un sistema espable para escritorio e servidores.
Creación
O día 18 de setembro de 2010, un grupo de antigos empregados de Mandriva co apoio de membros da comunidade, anunciaron que crearan un Fork de Mandriva Linux, é dicir, crearíase unha nova distribución dirixida pola comunidade, chamada Mageia. Esta acción deuse como resposta á noticia de que a maioría dos empregados que traballaban na distribución Mandriva foran despedidos cando Edge-IT (unha filial de Mandriva) foi liquidada. O grupo explicou que "non querían ser dependentes nin das flutuacións económicas nin dos movementos estratéxicos sen explicación da compañía". A organización Mageia administrará e coordinará a distribución: código, aloxamento do software, distribución, sistema de empaquetado, mercadeo, comunicación e eventos. Os datos, feitos, programación de lanzamentos, deseños etc, serán compartidos e discutidos a través desta organización.
Obxectivos
Os seguintes obxectivos déronse a coñecer no anuncio do 18 de setembro de 2010:
Facer Linux e o software libre e de código aberto accesible a todos. Proporcionar ferramentas integradas para a configuración do sistema. Manter un alto nivel de integración entre o sistema base, o escritorio (KDE/GNOME) e as aplicacións; mellorar especialmente a integración de terceiros (xa sexan aplicacións libre ou privativas). Ter como obxectivo novas arquitecturas e formatos. Mellorar a nosa comprensión sobre os usuarios de computadoras e dispositivos electrónicos.
Orixe do nome
O termo "mageia" — μαγεία en grego— significa maxia. É unha referencia ao mago Leon Mandrake, que daba nome á antiga distribución.
Versións
Mageia é liberada nun ciclo de lanzamento de 9 meses, e cada nova versión ten soporte por 18 meses.
A última versión estable é Mageia 5.1, liberada en decembro de 2016.Mageia 5 release notes
Versión Lanzamento Fin do soportehttps://www.mageia.org/en/support/ Versión do kernel Versión 1 1/6/2011 1/12/2012 2.6.38.7 Versión 2 22/05/2012 22/11/2013 3.3.6 Versión 3 19/05/2013 26/11/2014 3.8.13 Versión 4 1/2/2014 19/9/2015 3.12.13 Versión 4.1 20/6/2014 19/9/2015 3.12.21 Versión 5 19/6/2015 2017 3.19.8 Versión 5.1 2/12/2016 2017 4.4.30 Versión 6 2017 Cor Lenda Vermello Sen soporte Amarelo Versión antiga aínda soportada Verde Versión actual Azul Lanzamento futuro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Wiki de Mageia
Categoría:Software libre Categoría:Distribucións de GNU/Linux