Helsingin jäähalli en lingua finesa ou Helsingfors islahh en sueco (en galego Pazo de Xeo de Helsinqui) é un pavillón deportivo da cidade de Helsinqui, Finlandia. Foi construído en 1966 e ten capacidade para 8.200 espectadores.miniatura|left|O equipo local do HIFK fronte ao Tappara nun partido da SM-liiga no Helsingin jäähalli.
O pavillón é a casa dun dos dous principais equipos de hóckey sobre xeo da capital finlandesa, o HIFK, que actualmente compite na máxima categoría desta modalidade en Finlandia, a SM-liiga. Ás veces é chamado Petoluola, que significa "A cova da besta", facendo alusión ao logo do HIFK: unha pantera vermella.
O Helsingin jäähalli adoitaba ser o principal recinto para acoller tódolos eventos importantes de deportes de xeo, así como concertos, mais trala construción do Turkuhalli en Turku e o Hartwall Areena (o pavillón máis grande do país) en Helsinqui, moitos eventos pasaron a realizarse nos novos recintos, polo que estes eventos diminuiron notáblemente, mais sen chegar a desaparecer.
Eventos 9A super group (2006) Heaven and Hell (2007 e 2009) Avril Lavigne (2005 and 2008) Mötley Crüe (2007) Avenged Sevenfold (2010) Judas Priest (1986, 1991, 2008, 2012) Megadeth (2011) Metallica (1988, 1992 e 1996) Scorpions (1989, 1991 e 2004) Deep Purple (1993 and 2009) Dream Theater (2005, 2007, 2009 e 2012) Opeth (2009, 2011) Pain of Salvation (2011) Frank Sinatra (1989) Whitesnake (2011) Sex Pistols (2008) Snoop Dogg (2008) The Prodigy (2009) Kelly Clarkson (2008) Paramore (2009) 50 Cent (2010) Bullet for My Valentine (2010) Taste of Chaos 2009 (Actuaron: Maylene and the Sons of Disaster, Every Time I Die, Killswitch Engage e In Flames Disturbed (2008) Tokio Hotel (2010) 30 Seconds to Mars (2008) ZZ Top Muse (2007) Motörhead (1981, 1999, 2007, 2008 e 2009) Kiss (1983 and 1988) Dire Straits (1985) The Who (1967) Rammstein (2001) Stevie Wonder (1984) The Beach Boys (2006) Slayer (2006) The Knockouts e Brian Setzer na Brian Setzer Rockabilly Riot tour (2011) Guns N' Roses (1991) Final de Idols (2007 and 2008) Final de X Factor (2010) Jeff Dunham (2009) WWE (WrestleMania Revenge Tour/Raw en 2009) Carlos Santana AC/DC (1986, 1988, 1991 e 1996) Iron Maiden (1992)
Categoría:Estadios da SM-liiga Categoría:Deporte en Helsinqui Categoría:Arquitectura en Helsinqui