David Abelevich Kaufman (ruso Дави́д А́белевич Ка́уфман), nado o 2 de xaneiro de 1886 en Białystok e finado o 12 de febreiro de 1954 en Moscova —máis coñecido polo seu pseudónimo Dziga Vertov, ou Vertof (ruso Дзи́га Ве́ртов)— foi un director e teórico pioneiro do cine documental soviético. As súas teorías sobre a rodaxe influíron sobre o estilo de cinéma vérité de realización de documentais e sobre o Grupo Dziga Vertov, unha cooperativa de cinema que estivo activa nos anos 1960.
No 2012, nunha enquisa de Sight and Sound, os críticos votaron o filme de Vertov Tchelovek s kinoapparatom (1929) o oitavo mellor filme xamais feito.
Os irmáns de Vertov Boris Kaufman e Mikhail Kaufman foron tamén afamados cineastas, así como a súa muller, Elizaveta Svilova.
Filmografía miniatura|Fotograma de Человек с киноаппаратом, en galego O home da cámara. 1918 Кинонеделя (Kino Nedelya/Cine Semana) 1919 Годовщина революции (Aniversario da Revolución) 1922 История гражданской войны (Historia da Guerra Civil) 1924 Советские игрушки (Xoguetes soviéticos) 1924 Кино-глаз (Kino-Glaz/Cine-Ollo) 1925 Киноправда (Kino Pravda/Cine Verdade) 1926 Шестая часть мира (Unha sexta parte do mundo) 1928 Одиннадцатый (O onceno ano) 1929 Человек с киноаппаратом (Tchelovek s kinoapparatom) 1930 Энтузиазм (Симфония Донбаса) (Entuziazm/Entusiasmo) 1934 Три песни о Ленине (Tres Cancións Sobre Lenin) 1937 Памяти Серго Орджоникидзе (En Memoria de Sergo Ordzhonikidze) 1937 Колыбельная (Canción de ninar) 1938 Три героини (Tres Heroínas) 1942 Казахстан — фронту! (Casaquistán á fronte!) 1944 В горах Ала-Тау (Nos Montes de Ala-Tau) 1954 Новости дня (Novas do Día)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Xoguetes soviéticos (1924) Cine-Ollo (1924) Unha sexta parte do mundo (1926) Home cunha Cámara de Cine (1929) Entusiasmo (1930) Tres Cancións Sobre Lenin (1934)
Categoría:Directores de cinema da Unión Soviética Categoría:Nados en Białystok Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1954