Morgan De Sanctis, nado o 26 de marzo de 1977 en Guardiagrele, é un exfutbolista italiano que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria profesional Despois de tres anos xogando no Pescara Calcio, da Serie B italiana, fichou polo Juventus FC, aínda que xogou como suplente e só sumou tres encontros en dúas tempadas. No ano 1999 marchou ao Udinese Calcio, primeiro como suplente pero a partir da tempada 2002/03 como titular, co conxunto de Udine disputou 194 encontros, ata que en xuño de 2007 vai ao Sevilla FC, que o cedeu ao Galatasaray Spor Kulübü para a tempada 2008/09. Para a campaña 2009/10, volveu ao seu país, fichando polo Napoli. Coa selección absoluta do seu país foi internacional en seis ocasións.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina web oficial do Napoli
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Delfino Pescara 1936 Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000