Eugenio Elices Gasset, nado en Vigo o 27 de setembro de 1889 e finado en maio de 1961, foi un xuíz e xornalista galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Foi xuíz municipal en Madrid. Dirixiu a revista Tribuna Gallega (1914), editada polos emigrantes galegos en Madrid. En 1922 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1939 abríuselle expediente en base á lei de depuración de funcionariado público.

Vida persoal Fillo do celanovés Eugenio Elices Rodríguez e mais de Obdulia Gasset Artime -irmá de Eduardo Gasset Artime-, foi irmán de María Luisa Elices Gasset (casada con Ramón de Artaza Malvárez) e do médico Álvaro Elices Gasset, e sobriño de Castor Elices.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Xuíces de Galicia

Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes