Pyracantha é un xénero de arbustos espiñentos perennes da familia Rosaceae, cuxa denominación galega é espiños coraleiros (e, na zona oriental, espíns coraleiros), alén do cultismo piracantos. Son nativos dunha área que abrangue dende o sueste de Europa até o sueste de Asia. Aseméllanse, e están relacionados cos Cotoneaster, mais diferéncianse destes polos bordos serrados das follas e polos numerosos espiños (os Cotoneaster non teñen espiños). Coraleiro fai referencia ao coral, é dicir, que lembran o aspecto do coral, polos espiños e pola cor vermella intensa dos froitos. En Galiza é común a especie Pyracantha coccinea coma planta ornamental en xardíns privados ou aliñadas nas bermas e xardíns das autoestradas.

Os espiños coraleiros acadan os 6 m de alto. As sete especies teñen flores abrancazadas e bagas arrubiadas ou amarelas (botanicamente son pomos. Florean a finais da primavera e comezos do verán, os froitos desenvólvense a finais do verán, ficando ben chegandos cando remata o outono.

Especies Pyracantha angustifolia. Suroeste da China. Pyracantha atalantioides. Suroeste da China. Pyracantha coccinea (Espiño coraleiro, espín coraleiro, piracanto). Mediterráneo até o Irán. Pyracantha crenatoserrata. Centro da China. Pyracantha crenulata. Himalaia. Pyracantha koidzumii. Taiwán. Pyracantha rogersiana. Yunnan (China).

Híbridos e cultivares A seguir os híbridos e cultivares seleccionados (as grafadas en letra grosa gañaron o premio Award of Garden Merit da Royal Horticultural Society británica): 'America' 'Firelight' 'Golden Charmer'       'Golden Dome' 'Lalandei' 'Mohave' 'Navajo' 'Orange Glow'       'Rosy Mantle' 'Santa Cruz' 'Soleil d'Or' 'Teton' 'Watereri'

Usos miniatura|dereita|Flores

Os espiños coraleiros son de gran valor ornamental. Cultívanse en xardíns polas súas flores e pólas densamente cargadas de froitos rechamangueiros. Ademais, a súa estrutura espiñenta fai deste espiño unha planta particularmente valiosa cando se quere crear unha barreira impenetrábel, polo que é ideal para crear sebes para choer propiedades e leiras, sendo unha boa alternativa aos valados ou muros convencionais.

Tamén é un bo arbusto para a vida salvaxe do xardín, fornecendo acubillo para o repouso e niñada de paxaros, flores para as abellas, e unha abundante fonte de bagas. As bagas dos Pyracantha non son velenosas, como normalmente se cre, son agres, mais comestíbeis unha vez cociñadas. Úsanse tamén para elaborar marmeladas. No Reino Unido e Irlanda Pyracantha e o xénero irmán Cotoneaster son unha fonte valiosa de néctar cando as abellas teñen poucas alternativas no que se coñece coma carencia de xuño.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Espiño coraleiro

Categoría:Pomos Categoría:Plantas ornamentais