Ruatoria, tamén escrito Ruatōria, é unha vila de Waiapu Valley da Rexión de Gisborne no recanto nordeste da Illa Norte de Nova Zelandia. A vila foi orixinalmente coñecida como Cross Roads, pero foi renomeada como Ruatōrea en 1913, do maorí Rua-a-Tōrea (o pozo de almacenamento de Tōrea). En 1925 o nome foi alterado cara a súa escrita actual, malia que algúns textos conservaron a vella forma.

No censo de 2006, foi a terceira maior poboación da súa rexión (de baixa densidade), e tiña unha poboación de só 756 (75 menos que a segunda maior vila da rexión, Tolaga Bay). Isto supuxo un decrecemento do 9.7% (81 persoas) dende o censo de 2001. É o centro de poboación de Waiapu Valley. O 94,8% dos seus habitantes son do pobo maorí, e o 46% fala te reo Māori — ambos datos son significativamente superiores á media rexional ou nacional.

Notas

Categoría:Cidades de Nova Zelandia