Higinio Fernández de la Vega Pasarín, nado en Vilariño (Castroverde) en 1862 e finado en Friol o 7 de xullo de 1948Necrolóxica en La Noche, 7-7-1950, p. 6., foi un notario e escritor galego.
Traxectoria Fillo de José Fernández de la Vega e irmán de Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín. Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1886. Colaborou en El Regional e El Norte de Galicia. Exerceu a avogacía en Castroverde, onde foi xuíz municipal. E 1889 pasou a administrador de Rendas pública de Ribadeo. En 1895 ingresou no corpo de notarios, e foi notario no concello de Friol. Baixo o pseudónimo de Pepe das Festas ou ben coa súa sinatura, publicou múltiples poemas en A Monteira e outras publicacións.
Casou con Ángela Pardo Saavedra e foi pai de oito fillos, entre eles Celestino Fernández de la Vega.López Vázquez, J. Ramón (2007). Celestino Fernández de la Vega: pensador do novo galeguismo p. 11. CIRP. ISBN 978-84-453-4476-7.Arias Gómez, Noelia (2017). Celestino Fernández de la Vega e as súas publicacións no diario lucense El Progreso p. 3. Facultade de Humanidades. USC.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os Fernández de la Vega (2008) terrasdefriol.blogspot.com Xenealoxía
Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Notarios