Cebola () ou ceboleira é o nome vulgar da planta cuxo nome científico é Allium cepa, L..É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.
Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcarios. É unha planta que prefire climas temperados non húmidos.
O principal produtor de cebola é México. Cultívase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes. Ceboliño: existen dous tipos dos chamados ceboliños: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Ceboliño Chalota Allo porro Cebola do mar (Pancratium maritimum) ou cebola das gaivotas
Ligazóns externas
Cebola Criar e plantar Ceboliña Química na Cociña presenta: As Cebolas
Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Allium Categoría:Plantas descritas en 1753