GRACE (acrónimo de Gravity Recovery and Climate Experiment) foi unha misión composta por dous satélites artificiais colaboración da NASA e Alemaña, lanzado o 17 de marzo de 2002 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características A misión de GRACE era medir o campo gravitatorio da Terra, tanto a súa compoñente estática como a dinámica, mediante dous satélites idénticos voando en formación e capaces de medir a distancia entre eles cunha precisión duns poucos micrómetros. A distancia entre os dous satélites (denominados inicialmente GRACE 1 e GRACE 2, e máis tarde renomeados como Tom e Jerry, respectivamente) determinábase mediante microondas en banda K e GPS; os erros introducidos polo rozamento atmosférico e a presión da radiación solar minimizábanse sendo medidos mediante un acelerómetro e restados das medidas entre os satélites.

A misión de GRACE foi continuada por Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On (GRACE-FO) mediante naves case idénticas lanzadas o 22 de maio de 2018 pero que usan láser como método adicional para mediar as súas distancias.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos GRACE-FO

Ligazóns externas Páxina de GRACE na NASA

Categoría:Satélites artificiais